Información convocatoria extraordinaria XULLO ABAU 2022

Convocatoria EXTRAORDINARIA de xullo 2022 (clica aquí para descargar a convocatoria completa)


Matrícula ordinaria, 28 de xuño na secretaría do IES en horario de 9.00 a 14.00. Dirixida ao alumnado do noso centro que supera 2º de BAC na convocatoria extraordinaria. O alumnado deberá encher o impreso de matrícula e pagar as taxas. Os impresos entregaranse xunto coas notas en papel. Ademais de pagar as taxas da ABAU haberá que pagar as correspondentes do título de bacharel.


Matrícula anticipada, do 27 de xuño ao 1 de xullo. Faise exclusivamente a través da aplicación NERTA. Esta modalidade está dirixida
ao alumnado que desexa repetir a ABAU, etc.

Datas de realización das probas ABAU EXTRAORDINARIA 2022: 12-13-14 xullo

Clica aquí para consultar o horario de realización das probas (pdf)

Comisión Delegada que lle corresponde ao IES Castelao para realizar a ABAU Extraordinaria:  Comisión Delegada 13. Os exames realizaranse na Escola de Enxeñaría de Telecomunicaciónsituada no Campus Universitario de Vigo (Rúa Maxwell, 16 - 36310 Vigo).

 

Protocolo ABAU. Ler especialmente os apartados 3, 4 e 5.

 

Modelos de exame 2022

Modelos de exame doutros anos

Táboa de ponderacións acceso 2022-23

Notas de corte 2021-22

Vídeo explicativo ABAU 2022

+info (enlace á web da CIUG)