Temario segundo de bacharelato

Contidos.

I. Trazados no plano.
-Lugar xeométrico. Arco capaz. Cuadrilátero inscritible.
II. Proporcionalidade e semellanza.
-Media proporcional.
-Teoremas do cateto e a da altura.
-Figuras semellantes e a súa diferenza coas homotéticas.
-Razón de semellanza.
III. Potencia.
-Definición. Eixe radical de dúas circunferencias segundo sexan secantes, tanxentes ou exteriores.
-Centro radical de tres circunferencias. A sección áurea; problemas directo e inverso na obtención de relacións aúreas. O rectángulo áureo.
IV. Polígonos.
-Liñas e puntos notables dun triángulo.
-Ortocentro e triángulo órtico. Baricentro. Incentro e circunferencia inscrita; exincentros.
-Circuncentro e circunferencia circunscrita.
-Análise e construción de polígonos regulares a partir do seu lado ou do radio da circunferencia circunscrita.
V. Transformacións xeométricas.
-Razón simple de tres puntos alineados.
-Proxectividade e homografía: definicións.
-Homoloxía: definición, centro, eixe e recta límite.
-Afinidade: definición, eixe e dirección.
-Inversión: definición, centro e razón.
VI. Tanxencias.
-As tanxencias como aplicación dos conceptos de potencia e inversión.
-Circunferencia que pasa e é tanxente a unha recta exterior. Circunferencia tanxente a dúas rectas e que pasa por un punto. Circunferencias que pasan por dous puntos e son tanxentes a outra circunferencia.
-Circunferencia que pasa por un punto e é tanxente a outra circunferencia e a unha recta dadas.
-Circunferencia tanxente a dúas rectas e a outra circunferencia dadas. Circunferencia tanxente a outras dúas circunferencias e a unha recta dadas. Circunferencia tanxente a dúas circunferencias e que pasa por un punto exterior.
VII. Curvas técnicas.
-Curvas cíclicas. Cicloide. Epicicloide. Hipocicloide. Evolvente da circunferencia.
VIII. Curvas cónicas. Tanxencias e intersección cunha recta.
-Orixe das curvas cónicas como intersección entre un plano e unha superficie cónica.
-Cónicas dexeneradas.
-A elipse: definición, elementos e métodos para a súa construción. Circunferencia focal.
-Recta(s) tanxente(s) a unha elipse nun punto dela, desde un punto exterior e segundo unha dirección. Intersección dunha recta cunha elipse.
-A hipérbola: definición, elementos e métodos para a súa construción. Circunferencia focal. Recta(s) tanxente(s) a unha elipse nun punto dela, desde un punto exterior e segundo unha dirección. Intersección dunha recta cunha hipérbola.
-A parábola: definición, elementos e métodos para a súa construción. Circunferencia focal. Recta(s) tanxente(s) a unha elipse nun punto dela, desde un punto exterior e segundo unha dirección. Intersección dunha recta cunha parábola.
IX. Sistemas de representación.
-Fundamentos da proxección. Tipos de proxeccións e a súa aplicación ós distintos sistemas de representación.
X. Vistas.
-Vistas segundo a norma UNE 1032.
XI. Sistema diédrico.
-Métodos: abatemento, xiro e cambio de plano. Paralelismo e perpendicularidade. Interseccións e distancias. Verdadeiras magnitudes. Representación de superficies poliédricas e de revolución. Representación dos poliedros regulares. Intersección de figuras ou superficies con rectas e planos. Seccións e desenvolvementos.
XII. Sistema axonométrico ortogonal.
-Isometría. Escalas axonométricas. Verdadeiras magnitudes. Representación de figuras poliédricas e de revolución. Intersección con rectas e planos. Seccións. Relación do sistema axonométrico co diédrico.
XIII. Sistema axonométrico oblicuo.
-Perspectiva cabaleira. Fundamentos do sistema. Coeficiente de redución. Verdadeiras magnitudes. Representación de figuras poliédricas e de revolución. Intersección con rectas e planos. Seccións.
XIV. Sistema cónico de perspectiva lineal.
-Fundamentos e elementos do sistema. Perspectiva central e oblicua. Representación de superficies poliédricas e de revolución. Interseccións con rectas e planos. Trazado de perspectivas de exteriores.
XV. Normalización.
-Normas UNE e ISO. Debuxo industrial. Acotación. Debuxo de arquitectura e construción. Acotación. Cortes e seccións.
XVI. Actitudes, valores e normas.
-Responsabilidade polo desenvolvemento da propia obra ou actividade.
-Valoración do traballo como medio expositor de ideas, proxectos e realizacións.
-Organización e constancia no traballo a través de realización de proxectos complexos.
-Espírito de busca e investigación desenvolvido a través do interese polos novos procedementos e técnicas gráficas actuais.