PROCESO DE ADMISIÓN 2024-25

Enderezo: Av. da Ponte, 102, 36215 Vigo, Pontevedra  
  
Horario de clases:


            De luns a venres de 8:40 a 14:10 horas
            Luns: 16:50 a 18:30 horas
            Recreo: 11:10 a 11:40 horas
 
Horario de oficinas:

             De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas
 
Horario de visitas: 
         
            Prégase pedir cita previa
 
Correo electrónico: ies.carlos.casares@edu.xunta.gal
             Conserxería: 886 12 04 29
         Secretaría: 886 12 04 30
 
 

 

 

 
   
   
     

ANPA

 

 

 

 

 

VIAXES FIN DE CURSO  

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024/25

 

NORMATIVA REGULADORA

 

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 11/02/2022)

 

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, de 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C) (DOG 8/11/2022)

PRAZOS

 

PRAZO

LISTAXES



RESERVA PARA ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS

15 xaneiro - 5 de febreiro

22 de febreiro



(Renuncia á praza reservada ata o 28 de febreiro)

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

1 - 20  de marzo



PROVISIONAL 25 de abril

(Reclamacións 5 días hábiles)



DEFINITIVA 15 de maio



MATRÍCULA



23 xuño - 7 xullo

 

 

CENTROS ADSCRITOS

-CEIP da Igrexa-Candeán 

-CEIP de Chans-Bembrive 

-CEIP Plurilingüe Santa Mariña

-CEIP Plurilingüe Carballal-Cabral 

 

PRESENTACIÓN SOLICITUDES DE ADMISIÓN

 

1. As solicitudes (ED550A e ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado ), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

2. Os formularios normalizados de solicitude e de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora tamén estarán accesibles:

 

a) Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal 

b) No portal educativo no enderezo http://www.edu.xunta.gal 

c) Nas dependencias dos centros docentes.

 

3. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, poderá pedir ata seis (6) centros por orde de preferencia e alegará os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren.

 

Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar. Logo de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

 

4. Cando o alumnado teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición, pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e indicará o centro de adscrición que solicita.

 

5. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a, ten carácter vinculante e a súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

 

A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior, así como a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada antes do día 28 de febreiro (este incluído), poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos na lexislación aplicable. 

 

APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO

 

Poderá consultarse na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado):

 

a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula. 

b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións. 

c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.

d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365

DOCUMENTACIÓN

 

-Solicitude procedemento ED550B (Anexo II) debidamente cumprimentada e asinada 

-Anexo II-bis asinado polos membros computables da unidade familiar e pola outra persoa proxenitora

-Copia DNI do alumno/a

-Copia do libro de familia de todos os membros da unidade familia

   No caso de separación ou divorcio copia da sentencia de separación/divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor

-Acreditación do criterios de admisión que queira que se lle valoren:

* Proximidade ao centro docente do domicilio familiar/traballo

** Certificado empadroamento coa data de alta e cunha antigüidade mínima dun ano respecto ao 01/03/23

** Certificado do lugar de traballo onde conste o enderezo do mesmo

* Familia numerosa/monoparental: Fotocopia libro/título acreditativo

* Discapacidade de calquera membro computable da unidade familiar: Copia do certificado correspondente

* Condición vítima violencia xénero/terrorismo: Copia do documento que acredite tal situación

* Expediente académico para bacharelato: Certificado no que conste a nota media do último curso finalizado

 

ÁREAS DE INFLUENCIA

 Pódense consultar na seguinte ligazón:   https://www.edu.xunta.gal/centroseducativo

-ESO (ZONA 8)

Comprende dende o cruce da rúa Mantelas coa Gran Vía ata o remate desta na rúa Urzáiz (toda a banca dereita) e subindo por esta ata o cruce co Couto de San Honorato, rúa San Roque, rúa Dr. Carracido (toda a marxe dereita) zona de Cabral, Meixoeiro e parroquia de Sárdoma.

-BACHARELATO CIENCIAS E TECNOLOXÍA (ZONA 4)

Limitada polos eixes das rúas camiño da Laxe, Redomeira, Baixada á Laxe, Baixada á Ponte Nova, Avda. Arquitecto Palacios, Baixada ao Pontillón, Baixada á Igrexa, Gran Vía, Urzáiz e Avda. Ramón Nieto.

-BACHARELATO HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS (ZONA 4)

Limitada polos eixes das rúas camiño da Laxe, Redomeira, Baixada á Laxe, Baixada á Ponte Nova, Avda. Arquitecto Palacios, Baixada ao Pontillón, Baixada á Igrexa, Gran Vía, Urzáiz, Travesía de Vigo, Avda. Alcalde Gregorio Espino e Avda. Ramón Nieto.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

 

Transporte escolar: gratuito para o alumnado da ESO, regulado pola Instrución Conxunta 1/2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, sobre a xestión do Servizo de Transporte de escolares no curso 2022/23.

 

De quedar prazas vacantes poderán ser solicitadas polo alumnado de bacharelato asignándoselle segundo os criterios recollidos na lexislación indicada, logo de iniciado o curso e unha vez asignado todo o alumnado da ESO.