Skip to Content

PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO 2023-2024

 A Xunta de Galicia convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023/24

1. Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
2. Cada premio non poderá exceder os 1.000 €.
3. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá ademais un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro educativo onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 8 de xullo de 2024.

    As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «PremiosEdu» , accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia,  ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu». código de procedemento ED311D.

 Máis información no DOG do 6 de xuño de 2024 e en https://www.edu.xunta.es/premiosedu

Para ver resumo, pincha aquí

CALENDARIO FIN DE CURSO 1º BAC

Reclamación ás cualificacións ordinarias de 1º de bacharelato

O alumnado de 1º de Bacharelato, poderá reclamar contra as cualificacións finais obtidas na convocatoria ordinaria, os días 13 e 14 de xuño, de 9:00 a 13:30 horas nos despachos de Administración do centro, e dirixirse ao director do mesmo. As reclamacións deberán ser formuladas polos seus representantes legais, ou ben polo propio alumno no caso de ser maior de idade.

Notificación de resolución de reclamacións

As notificacións de resolucións serán entregadas aos/ás interesados/as ou representantes legais o día 17 de xuño, na Xefatura de Estudos.

Reclamación ante Xefatura Territorial de A Coruña

Nun prazo de 48 horas desde a notificación da resolución, o alumno ou alumna, ou os seus representantes legais no caso de ser menores de idade, poden solicitar por escrito no centro, que a dirección remita o expediente de reclamación ante o Xefe do Departamento Territorial de A Coruña. Esta será presentada nas oficinas do centro dende o 18 ao 19 de xuño (até as 13:30 h do día 19 de xuño).

EXCURSIÓN DE 1º ESO AO CASTRO DE VILADONGA

O alumnado de 1º ESO visitou o pasado 28 de maio o Castro de Viladonga e o seu museo, descubrindo a cultura castrexa. Logo xantaron no parque Profesor Río Barxa no centro de Meira. Foi un día moicaloroso pero por sorte, remataron a xornada no Pedregal de Irimia, onde nace o río Miño. Alí puideron refrescar os pés e espantar un pouco a calor! 

Foi un día fantástico aprendendo e disfrutando do sol!! 

GRADUACIÓN DE 2º BAC 2023-24

O pasado venres día 24 démoslle unha calorosa despedida ao alumnado de 2º BAC, cunha entrega de diplomas moi emotiva á que asistiron alumnos, familias e o persoal do centro, tanto docente como non docente, todos e todas moi elegantes. Logo, no hall do centro, disfrutamos duns pinchos moi saborosos e dunha mesa doce a mar de apetecible. Foron uns momentos entrañables na que recordamos anécdotas, repasamos traxectorias escolares e nos coñecimos un chisco máis nun ambiente distendido. Desexámoslles o mellor nesta nova etapa vital que están a piques de comenzar e gustaríanos recordarlles que Telleiras será sempre a súa casa.

Noraboa a todos e todas!

Bicos da que suscribe.

 

 

EXCURSIÓN A MADRID DE 3º ESO

Os pasados días 20, 21 e 22 de maio o alumnado de 3º ESO do noso centro visitou Segovia e Madrid. Visitaron o Acueducto e o Alcázar en Segovia, os lugares máis emblemáticos en Madrid, como o Parque do Retiro ou a Porta de Alcalá, admiraron as obras do Greco, Velázquez ou Goya no Museo do Prado e unha infinidade de plantas no Xardín Botánico e antes de regresar, pasaron un día completo no Parque Warner!! Foi toda unha aventura que disfrutaron moitísimo!!

Ademais, portáronse ben, para tranquilidade de todos nós.

 

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

 Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 20 de maio. 

O noso alumnado non pode recibir axudas para mercar libros de texto nin participar no fondo solidario de libros de texto, por tratarse dun centro E-Dixgal e estaren prácticamente todos os contidos a disposición do alumnado en plataformas dixitais, contando cun portátil cedido a cada alumno en calidade de préstamo. Porén, o alumnado SÍ pode solicitar axudas para mercar material escolar. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo das solicitudes abrangue dende o día 21 de maio ata o 21 de xuño, ámbolos dous inclusive.

Para máis información, pinchade no seguinte enlace:

Instruccións fondolibros e material escolar 2024-25 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS E DÍA INTERNACIONAL CONTRA A LGTBIFOBIA

Todos nós estamos a coñecer en profundidade a vida e obra de Luisa Villalta, a homenaxeada neste 2024, con diferentes iniciativas: o alumnado de 1º ESO elaborou sendos murais co que eles consideraron significativo de Luisa como muller e como escritora; o alumnado de 3º ESO e 1º BAC aproveitaron a radio escolar, a nosa TelleirasRadio, para gravar podcasts coa lectura das súas obras; o alumnado de 4ºESO escribiu en pizarra frases reivindicativas do papel da muller na sociedade escritas por ela... Tódalas actividades foron moi interesantes e ilustrativas da figura de Luisa Villalta. Un éxito!!

Ademais, o 17 de maio é o día internacional contra a LGTBIfobia. Que ninguén sufra acoso pola súa identidade de xénero ou sexual!

   
   

CALENDARIO FIN DE CURSO 2023-24 2º BACHARELATO

   

Reclamación ás cualificacións ordinarias de 2º de bacharelato 

O alumnado de 2º de Bacharelato, poderá reclamar contra as cualificacións finais obtidas na convocatoria ordinaria, os días 20 e 21 de maio, de 9:00 a 13:30 horas nos despachos de Administración do centro, e dirixirse ao director do mesmo. 

Notificación de resolución de reclamacións 

As notificacións de resolucións serán entregadas aos/ás interesados/as ou representantes legais o día 22 de maio, na Xefatura de Estudos. 

Reclamación ante Xefatura Territorial de A Coruña 

Nun prazo de 48 horas desde a notificación da resolución, o alumno ou alumna, ou os seus representantes legais, poden solicitar por escrito no centro, que a dirección remita o expediente de reclamación ante o Xefe do Departamento Territorial de A Coruña. Esta será presentada nas oficinas do centro dende o 23 ao 24 de maio (até as 13:30 h do día 24 de maio). 

Para máis información, consulta a orde (Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovacion Educativa pola que se establecen os plazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa para o curso 2023/24)

Distribuir contido


by Dr. Radut