Skip to Content

Erasmus + K229

ERASMUS + KA 229: "DISCONNECT TO RECONNECT"

 

 

O PROXECTO ERASMUS + “DISCONNECT TO RECONNECT” CHEGA AO SEU FIN

 

O PROXECTO ERASMUS + “DISCONNECT TO RECONNECT” CHEGA AO SEU FIN

 

Alumnado participante e profesorado

 

Coincidindo co “Día do Libro 2021”, o 23 de abril  organizouse un acto na biblioteca do IES As Telleiras na que todos os implicados e participantes no proxecto europeo KA 229 Erasmus + “Disconnect to Reconnect” participamos dunha xornada festiva para celebrar xuntos a finalización do citado proxecto.

 

 

Profesorado coordinador do proxecto “Disconnect to Reconnect” (Dpto. Inglés)

 

 

 

Como é ben sabido, a pandemia derivada do COVID-19 minguou sensiblemente o seu desenvolvemento e impediu que puidésemos alcanzar tódolos obxectivos previstos ao comezo desta emocionante aventura europea que son os proxectos Erasmus +.

 

 

Reunión de despedida na Bibliotelleiras

 

Do que en principio ían a ser dous anos excitantes de traballo colaborativo co centro Mary Immaculate High School do País de Gales - coordinador do proxecto – pasamos a un vivir un sensible desencanto por non poder ofrecerlle ao alumnado a posibilidade de levar adiante unha experiencia formativa que deixaría unha pegada que, sen lugar a dúbida, os acompañaría de por vida.

 

 

Acto de clausura

   

 

Ante a imposibilidade de poder participar de ningunha das mobilidades previstas – tanto da acollida do alumnado galés no noso centro educativo como da nosa visita ao seu – o traballo  desenvolvido fixémolo na totalidade no noso centro educativo.

 

Isto non foi óbice para que reorientaramos a execución do proxecto e lle sacaramos o maior proveito ata que o COVID – 19 confinounos a todos definitivamente nas nosas casas, alá polo mes de marzo do 2020.

 

Fomos quen ata entón de materializar os nosos recreos inclusivos, nos que o alumnado do centro tomou parte de maneira moi proveitosa.

 

Fomentando a lectura neste proxecto

 

 

Quedaron no tinteiro as actividades previstas para a visita do equipo do centro galés – o tempo e a amizade compartida, a mellora na competencia comunicativa en lingua inglesa, os xogos tradicionais galegos, a viaxe a Compostela, a andaina pola bisbarra de Narón, a recepción oficial no centro e no concello, a semente dunha árbore como testemuña da sostebilidade do proxecto, etc. – pero mantemos a nosa ilusión viva e o compromiso de embarcarnos de novo nun novo Erasmus + cando as condicións o permitan.

 

 

Deixámosvos con algunhas imaxes do acto no que os compañeiros do equipo de biblioteca foron os anfitrións perfectos unha vez máis:

 

 

Charlie and the Chocolate Factory (Roald Dahl)

 

 Welsh cookies

 

Houbo tempo para os sorrisos, para degustar unhas típicas galletas galesas elaboradas pola coordinadora do proxecto no centro, e para agasallar ao noso alumnado Erasmus + cunha obra literaria en versión orixinal do escritor galés máis universal, Roald Dahl.

 

 

Novas adquisicións para a Bibliotelleiras a raíz do proxecto Erasmus +

 

 

Entrega do agasallo dos libros do escritor galés Roald Dahl pola directora do centro

 

 

ROALD DAHL (1916 – 1990)

 

 

 Impacto do escritor galés entre o alumnado galego lector

 

Queremos recoñecer o traballo feito polo alumnado participante, lembrar as súas familias,  e agradecer a todos os que dalgunha maneira fixeron posible este ano e medio de percorrido europeo.

 

Voltaremos!!!!

 

Alumnado Erasmus + co seu agasallo literario

 

NO IES As Telleiras SOMOS ERASMUS +

 

 

 

 

 

 

 

El presente proyecto ha sido financiado con el apoyo de la Comisión Europea.

 

Esta comunicación es responsabilidad exclusiva de su autor. Ni la Comisión Europea ni el Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables del uso que pueda hacerse de la información aquí difundida.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O NOSO ERASMUS + NO BLOGUE DA BIBLIOTELLEIRAS

O NOSO ERASMUS + KA 229 NO BLOGUE DA BIBLIOTELLEIRAS

 

O estupendo equipo da biblioteca do noso IES As Telleiras ven de colaborar unha vez máis no desenvolvemento do proxecto KA 229: "Disconnect  to Reconnect" coincidindo coa celebración do Día do Libro 2021 (World Book Day).

Todos os que formamos o equipo Erasmus + do centro queremos agradecer a colaboración desinteresada do equipo da biblioteca, personalizado no acto na persoa de Elba Granado. 

Así mesmo, agradecemos o traballo e a colaboración do equipo directivo do centro, tamén presente nesta celebración.

Deixámosvos aquí o artigo que vense de publicar no blogue "A Bibliotelleiras". 

Nos vindeiros días contarémosvos a experiencia dende o noso punto e vista:

Enlace ao blogue: Bibliotelleiras

 

 

 

NO  IES AS TELLEIRAS SOMOS ERASMUS +

 

 

El presente proyecto ha sido financiado con el apoyo de la Comisión Europea.

 

Esta comunicación es responsabilidad exclusiva de su autor. Ni la Comisión Europea ni el Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables del uso que pueda hacerse de la información aquí difundida.

O IES AS TELLEIRAS na Jornada Anual de Difusión Erasmus+ 2020-2021

 

 

 

O  IES AS TELLEIRAS na JORNADA ANUAL DE DIFUSIÓN ERASMUS + 2020 / 2021

(20 de abril de 2021)

 

O equipo Erasmus + do IES As Telleiras participou na mañá de hoxe nas sesións formativas dentro da Jornada Anual de Difusión, organizadas pola SEPIE (Servicio Español para la Internacionalización de la Educación).

 

Por mor da pandemia as sesións estanse a levar a cabo en modalidade online, a través do portal da SEPIE na súa canle de Youtube.

 

 

Intervención de D. José Manuel Pingarrón Carrazón, presidente del SEPIE y Secretario General de Universidades, Ministerio de Universidades.

 

 

Dende o noso IES enviamosllles unha felicitación polo éxito da Jornada Anual de Difusión. Desexamos poder participar nunha próxima de maneira presencial.

 

 

NO IES AS TELLEIRAS SOMOS ERASMUS+!

 

 

El presente proyecto ha sido financiado con el apoyo de la Comisión Europea.

 

Esta comunicación es responsabilidad exclusiva de su autor. Ni la Comisión Europea ni el Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables del uso que pueda hacerse de la información aquí difundida

 

eTWINNING co NOSO PROXECTO

eTWINNING co noso PROXECTO

 

O IES As Telleiras é un centro eTwinning xa fai anos.

 

 

Por si non o sabedes, "eTwinning es una iniciativa de la Comisión Europea​ que forma parte de Erasmus+, el programa de la Unión Europea en materia de educación, formación, juventud y deporte.​ Su principal objetivo es el de fomentar la colaboración escolar en Europa utilizando las tecnologías de la información y la comunicación" (cit. páxina Web eTwinning).

 

O proxecto "Disconnect to Reconnect" conta dende os seu comezo cun espazo na citada plataforma da Comisión Europea.

 

Aquí podedes acceder a través deste enlace:

eTwinning Disconnect to Reconnect"

 

 

Xa temos incorporado o producto do noso traballo e tamén contamos coa aportación do centro coordinador, o Mary Immaculate High School (Cardiff).

 

 

NO IES As Telleiras SOMOS eTwinning!

 

 

 

El presente proyecto ha sido financiado con el apoyo de la Comisión Europea.

 

Esta comunicación es responsabilidad exclusiva de su autor. Ni la Comisión Europea ni el Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables del uso que pueda hacerse de la información aquí difundida.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ERASMUS + NO PLAN DE FORMACIÓN DO PROFESORADO 2020 / 2021

ERASMUS + NO PLAN DE FORMACIÓN DO PROFESORADO (PFPP) 2020 / 2021

 


Un ano máis o programa europeo Erasmus + forma parte do Plan de formación do profesorado do IES As Telleiras. 

O noso centro educativo continúa traballando na liña da innovación educativa, participando en todo tipo de actividades orientadas a mellora do seu proxecto educativo e que incidan nunha mellor preparación e formación do seu alumnado e profesorado.

 

Biblioteca: Visita obrigada nos programas Erasmus + do centro.

 

Continuando o traballo realizado dentro do plan de formación do curso pasado, este ano continuarase a formación na liña da internacionalización do centro educativo y na mellora das competencias profesionais docentes orientadas a mellor implementación e desarrollo dos dous programas europeos que se están a a levar a cabo:  KA2 "INNOVATIVE LANGUAGE TEACHING IN A BILINGUAL COUNTRY" e o noso KA 229: "DISCONNECT TO RECONNECT".

 

Xogos inclusivos no vestíbulo do noso IES

 

NO  "IES AS TELLEIRAS" SOMOS  ERASMUS +

 

 

El presente proyecto ha sido financiado con el apoyo de la Comisión Europea.

 

Esta publicación es responsabilidad exclusiva de su autor. Ni la Comisión Europea ni el Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables del uso que pueda hacerse de la información aquí difundida.

 

 

RECREOS INCLUSIVOS NO IES AS TELLEIRAS

 

Dende comezos de xaneiro do 2020 o alumnado participante neste proxecto “Disconnect to Reconnect” está levando a cabo os recreos inclusivos.

Nesta actividade que está a obter un enorme éxito entre todo o alumnado do noso centro, os participantes do proxecto asesoran aos demais compañeiros do centro sobre formas alternativas de utilización do tempo libre alleas ao uso das tecnoloxías.

Parte do espazo diseñado para a realización dos xogos 

 

Lévanse a cabo actividades e xogos tradicionais (cartas, xadrez, oca, scrabble,  e outros moitos xogos cooperativos).

Normas dos xogos inclusivos.

 

Estanse a planificar xogos para levar a cabo ao aire libre e que teñan un marcado acento galego, xa que a nosa cultura é rica neste campo.

 

Contaremos co asesoramento e participación de expertos nesta materia.

 

Fomentando valores neste proxecto

 

 

El presente proyecto ha sido financiado con el apoyo de la Comisión Europea.

 

Esta publicación es responsabilidad exclusiva de su autor. Ni la Comisión Europea ni el Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables del uso que pueda hacerse de la información aquí difundida.

 

NO IES AS TELLEIRAS (NARÓN) SOMOS ERASMUS +

 

 

No IES As Telleiras somos Erasmus +

 

 

 

A nosa cartelería xa está presente no noso centro.

 

 

 

El presente proyecto ha sido financiado con el apoyo de la Comisión Europea.

Esta publicación / comunicación es responsabilidad exclusiva de su autor. Ni la Comisión Europea ni el Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables del uso que pueda hacerse de la información aquí difundida.

 

 

 

ENCONTRO INTERNACIONAL ERASMUS + FERROL 2020

 

 

Participación no ENCONTRO INTERNACIONAL ERASMUS + FERROL 2020, en modalidade presencial, organizado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, 15 e 16 de xaneiro de 2020.

 

Profesorado do centro participante en proxectos Erasmus +.

 

No centro da imaxe, Mercedes Mª Rodríguez Calvo e Andrés Juan Vizoso Blanco (Dpto. inglés) en representación do equipo do KA229 "Disconnect to Reconnect".

 

 

O longo destas Xornadas recibiuse formación sobre os programas KA 229 e participouse nun relatorio sobre eTwinning.

 

 

El presente proyecto ha sido financiado con el apoyo de la Comisión Europea.

 

Esta publicación es responsabilidad exclusiva de su autor. Ni la Comisión Europea ni el Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables del uso que pueda hacerse de la información aquí difundida.

 

 

 

GRUPO DE TRABALLO ERASMUS + NO IES AS TELLEIRAS: (Erasmus + en nuestro centro)

Dende o 11 de novembro de 2019 ata o 5 de xuño de 2020: participación no Plan de Formación Permanente del Profesorado (PFPP) organizado por la Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de la Xunta de Galicia.

En dito programa certificouse a formación do grupo de traballo Erasmus + do noso centro.

 

Acceso ao noso centro.

 

 

El presente proyecto ha sido financiado con el apoyo de la Comisión Europea.

 

 

Esta publicación es responsabilidad exclusiva de su autor. Ni la Comisión Europea ni el Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables del uso que pueda hacerse de la información aquí difundida.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut