A nosa alumna, Tania Arias Cailleau, de 2º BAC., resultou gañadora na 2ª
edición do Certame Literario Camela Loureiro, convocado polo Concello de
Ferrol, na modalidade de micropoesía co poema titulado Óleo.
Desde aquí queremos felicitala polo éxito acadado.
Parabéns, Tania!
Na imaxe podemos vela, diante do alcalde de Ferrol, na entrega de premios.
(Para ver a imaxe completa, preme nela)