You are hereInformación sobre o inicio de curso 2020-21

Información sobre o inicio de curso 2020-21


By encisa - Posted on 09 Septembro 2020

Video coas novidades

   

Medidas sanitarias

Preme no seguinte enlace para coñecer as medidas sanitarias que temos que cumprir para protexernos e protexer aos demáis fronte ao Covid-19:

 Preme na imaxe para acceder

Grupos

O día antes do inicio das clases, ás 14:00, enviarase unha mensaxe a cada pai/nai a través da aplicación Abalar Móbil para que coñezan en que grupo está o/a seu/súa fillo/a. 

Se ainda non tedes a aplicación Abala Móbil instalada preme aquí

 

Planos do centro e por onde acceder

Nos seguintes enlaces podes ver onde está cada clase (planos do centro) e cales son os accesos polas mañáns que debes utilizar para ir á túa clase (organización de accesos).

Consulta cada un deles con calma antes do primeiro día, (a partir do momento en que saibas en qué grupo estás).

Preme na imaxe para acceder

 

Preme na imaxe para acceder

 

Reunións entre pais, nais e titores/as

Na semana seguinte ao inicio do curso, realizaranse as reunións entre cada titor/a e os pais e nais de cada grupo. Publicarase nesta web un calendario de reunións, que serán telemáticas. Asimesmo tamén se publicarán as instruccións para a conexión, que será moi sinxela. 

Durante o resto do curso, as reunións individuais entre as familias e os/as titores/as tamén serán preferentemente por teléfono ou telemáticas. Para este último caso (as reunións telemáticas), teremos aberto un acceso nesta web que facilite ditas conexións, premendo na imaxe que aparece a continuación, que tamén está dispoñible na marxe dereita da web do centro. No enlace tamén se especifica o procedemento para concertar as reunións:

 Preme na imaxe para acceder 

 

Reunións coa dirección/xefatura de estudos

Do mesmo xeito, as reunións entre os/as pais/nais coa dirección ou xefatura de estudos, serán preferentemente telefónicas ou telemáticas. Para o caso en que sexan telemáticas habilítanse os enlaces para manter a reunión. En todos os casos debe concertarse unha cita previa, chamando ao teléfono do Instituto (981-588498), como mínimo cun día de antelación.

 

 

Aulas telemáticas

Para o caso en que fose necesario pasar ao ensino non presencial (por indicación das autoridades sanitarias), tanto de forma temporal ou máis constante, nesta web estará dispoñible un acceso directo ás aulas telemáticas para poder acceder con facilidade. Nese caso activarase un enlace coma este:

 

O acceso estará dispoñible no caso de pasar á modalidade non presencial

 

 

Aula Virtual

Durante o curso 2020-21, todas as materias de todos os niveis contarán cun curso na nosa Aula Virtual, onde se colgará a información adicional que o profesorado precise proporcionar (enlaces, documentos, tarefas para entregar...)

(con carácter xeral non se distribuirán fotocopias nin se accederá a elas na fotocopiadora do centro). 

Durante os primeiros días de clase, todo o alumnado será orientado para coñecer cómo acceder a dita aula, renovar os contrasinais, etc. Ademáis, este ano incluiremos un acceso xenérico para pais e nais (pai_nai_visitante) para que os proxenitores poidan tamén entrar na aula virtual e supervisar, de consideralo necesario, as novidades nos cursos virtuais dos/as seus/súas fillos/as.

Tamén temos, xa dende o pasado curso, un espazo para resolver dúbidas co acceso á aula virtual.

Preme na imaxe para acceder Preme na imaxe para acceder

 

 

 

 ...e cando empezamos?

Nota da dirección do centro sobre o inicio do curso:

Ainda que o calendario escolar establece que o inicio do curso era o 16 de setembro, a día de hoxe venres día 11 o noso centro non tivo resposta sobre a petición do incremento de profesorado e persoal de limpeza adicional que necesitamos para levar adiante o curso.

Co incremento de grupos polas medidas anti-Covid (pasamos de 24 grupos a 36, é dicir un incremento do 50%) precisamos unha dotación adicional dun 25% adicional de profesorado respecto a anos anteriores e dun 50% máis de persoal de limpeza.

Unha vez teñamos a confirmación dos recursos dos que disporemos, informaremos sobre a data de inicio. Polo momento, a dirección do centro non pode asumir a responsabilidade de iniciar o curso sen as medidas sanitarias de distanciamento (que obriga a desdobrar grupos) nin sobre realizar desdobres de alumnado que non poida ser atendido o 100% do tempo por falta de profesorado.

A dirección do centro levará adiante o inicio do curso cando se poida asegurar que o alumnado terá todas as garantías, educativas e sanitarias. Estamos traballando dende que se iniciou a pandemia para que sexa posible, e seguimos traballando todos os días con ese obxectivo. Cando o alumnado do IES Antonio Fraguas acuda ao centro, será con TODAS as garantías. Traballamos para que esto sexa o antes posible.

Unha vez teñamos comunicación dos recursos dos que dispoñemos, necesitaremos un tempo para organizar todo conforme a eses recursos. Nós temos unha organización feita conforme ás medidas anti-Covid, e fixemos unha petición de recursos. Se a resposta non chega, ou é outra diferente, teríamos que volver a empezar a organización, que non é sinxela.

O Conselleiro de Educación ven de anunciar que, como mínimo o curso retrasarase unha semana, é dicir que empezaría, de forma escalonada, durante os días 23, 24 e 25 de setembro. De todos xeitos, todo dependerá de que os recursos facilitados ao noso centro sexan os necesarios.

 

Conclusión: cos datos que temos a día de hoxe, ainda non podemos dicir se empezamos nin siquera se será o día 23. Informaremos en canto o saibamos, a través desta web e da aplicación Abalar.

 

Carlos Encisa

Director

 

Planos do centro

LIBROS DE TEXTO

Calendario Escolar

Aula Virtual

 

Orientación

Prazos reclamación CURSO 22-23

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos