Skip to Content

Deportes, Música, Radio patio, Taboleiro, Concurso de Problemas de Lóxica e Inxenio, Materias Pendentes, Horarios e Profesorado por Grupos, Exemplo de probas de diagnóstico, Novas, AGRA SOLIDARIO, AgraCorrespondentes 3.0, Enquisa GeoMove, CALENDARIO, AGRA EN GALEGO, A TRADICIÓN PESQUEIRA, PLAN PROXECTA, RAICES 365

Actividade baleeira

Unha das actividades que tiveron especial relevancia na zona da Costa da Morte e en particular en Cee, foi a baleeira. Xa desde moito tempo atrás, a caza da balea aparece referenciada nos escritos da historia. Pero é no século XX e a raíz da instalación dunha factoría baleeira en Caneliñas, cando esta actividade colle o seu máximo auxe. O abusos nas capturas, a esquilma da poboación baleeira e a presión dos grupos ecoloxistas que queren preservar as pouca poboación de cetáceos que quedan no mar, fai que a finais da década dos oitenta do século pasado, a industria baleeira entre en decadencia e a única factoría baleeira que queda neste lugar de Cee, bote o peche.

Salgaduras e industria conserveiras

A maior parte da industria que existiu e existe na Costa da Morte é Muros está vinculada ao mar. A pesca, foi unha fonte de ingresos para os habitantes desta zona durante moito tempo, pero desde o século XIX, a transformación dos productos do mar centrou a actividade industrial destas vilas. Ainda que as crises fixeron que a maior parte das conserveiras botase o peche, a do  día de hoxe queda algunha que mantén a súa actividade cunha importante produción anual e dá traballo ás xentes da zona, maioritariamente mulleres.

No adxunto "Salgadeiras e conserveiras desde Camariñas a Muros" faise un repaso histórico da fábricas de salgadura desde a súa aparición ata a decadencia e total desaparición. Así tamén se mencionan as máis importantes familias que puxeron en funcionamento estas empresas e como fixeron a transformación á industria conserveira cando as salgaduras deixaron de ser produtivas. Remátase o estudo coa situación actual da industria da conserva.

Nos adxuntos "IMG_***.JPG" móstranse fotografías sacadas aos restos de salgaduras, conserveiras e almacéns que nalgún momento tiveron unha actividade empresarial importante.

Localización xeográfica

En toda a zona entre Camariñas e Muros ata Esteiro,instaláronse entre o século XIX e a actualidade, primeiro industrias de salgadura e posteriomente, industrias da conserva. As industrias de salgadura desapareceron a principios do século pasado e as industrias conserveiras apenas queda algunha.

As salgaduras estaban ubicadas maiormente en Esteiro, Muros, Louro, Lira, Caldebarcos, Cee e Corcubión. E as industrias conserveiras, algundas delas postas en marcha polas mesmas familias que anteriormente posuíran salgaduras, estaban localizadas principalmente en Esteiro, Muros, Corcubión e Camariñas.

En Muxía aínda quedan os restos dos secadoiros de congro que tiveron unha actividade moi importante no pasado.

No seguinte enlace podemos ver as vilas e localidades citadas: https://www.google.es/maps/@42.9386533,-9.267158,10.25z

Embarcacións pesqueiras

O home botouse ao mar, e para iso tivo que construír embarcacións. Estas embarcacións foron cambiando e mellorando ao longo da historia, unha vez que a pesca pasou de subsistencia a medio de vida. Pero as embarcacións tradicionais galegas non son todas iguais, cada zona perfilou as súas embarcacións en función das necesidades que xurdían e das dificultades que o mar presentaba.

No adxunto "Tipos de embarcacións" faise un repaso das embarcacións tradicionais da Costa da Morte e Muros.

Nos adxuntos "IMG_****.JPG" aparecen fotos recollidas nun dos portos da zona, de distintas embarcacións que faenan hoxe en día nos nosos mares.

 

 

A industria da salgadura e da conserveira

Na Costa da Morte e sobre todo en Muros, a industria da salgadura e as conserveiros foron un pilar fundamental na economía da zona. 

A continuación imos facer un percorrido pola historia desta industria e algunhas das empresas e familias máis representativas do sector.

Artes de pesca

Desde que o home se foi facendo mariñeiro, foiSd experimentando e buscando diferentes maneiras de recoller os peixes e mariscos; coa experimentación, foi creando e perfeccionando as artes de pesca. Nunha palabra, vai aprendendo cales son as mellores maneiras de apoderarse dos recursos pesqueiros coa máxima rendibilidade e o mínimo esforzo, así van nacendo as distintas artes de pesca.

No ficheiro adxunto "Artes de pesca" recóllense as artes de pesca tradicioonais da comarca e as que se foron introducindo ao longo do tempo.

Aparecen unhas fotos de distintas artes de pesca no porto de Muros, un dos portos da zona con maior actividade pesqueira.

 

 

Para máis información, ver enlace

 

 

BENVIDOS

Espazo para mostrar cousas feitas polo equipo de dinamización:

   

 

SEMANA CULTURAL RAÍCES 2018

Do 9 ao 13 de abril, tivo lugar a Semana Cultural do noso centro, onde as alumnas e alumnos, profesoras e profesores, tiveron a oportunidade de realizar varias saídas didácticas, asistir a charla e obradoiros de diferentes temáticas, así como a proxeccións de películas e documentáis. Estas foron algunhas das actividades desenvoltas:

-Saída ao Dolmen de Dombate e o Castelo de Vimianzo para 1º ESO

-Saída a E.S. Bazarra para 1º ESO

-Saída ao conxunto histórico de Moraime y os secadoiros de congro de Muxía para 2º ESO.

-Saída á Casa da Cultura de Cee á representación teatral "Leonardo e os fontaneiros" para 1º e 2º ESO.

-Saida a Celanova para visitar o Mosteiro de S. Salvador, a Capela de S. Miguel, concerto didáctico có órgano histórico do mosteiro y visita á Casa dos Poetas para 3º ESO.

-Saida ao Teatro Colón de Coruña para asistir á representación da obra "Cráneos Privilexiados" para 2º e 3º ESO.

-Diversas charlas a cargo do CIM e da Policía autonómica sobre violencia de xénero, ciberviolencia de xénero, ciberbulling para ESO e Bacharelato.

-Charla da Garda Civil (SEPRONA) sobre a prevención de incendios e coidado do entorno natural e charla sobre o lobo na comarca de Francisco José Lema  para 1º ESO.

-Charlas da empresa DAFIT para 1º ESO e 1º BACH sobre iniciativas emprendedoras.

-Charla solidaria da Asociación Egueire para toda a ESO.

-Diversas conferencias literarias a cargo de autores galegos (Antía Yáñez, Hector Cajaraville, Xosé Lóis Ripalda, Miguel Anxo Fernández) para os diferentes nivéis.

-Diversas conferencias a cargo da USC para os alumnos de 1º BACH.

-Obradoiros de actividades deportivas con DAFIT para 1º ESO.

-Obradoiros sobre ciberviolencia de xénero, obradoiro de xornalismo e obradoiros científicos do CICA para 3º ESO.

-Obradoiro de Matemáticas Divertidas para toda a ESO.

-Instalación da Exposición “Cartas de Amor” sobre violencia de xénero no corredor da Biblioteca e obradoiro sobre a mesma para toda a ESO.

-Proxeccións documental "Un desafío para todos" sobre o cambio climático en España  para toda a ESO e de películas como "Camino a la Escuela" para 1º e 2º ESO o "100 metros" para 3º ESO sobre valores e superación persoal.

-Etc.

FERMOSO MURAL PARA O AULA DE CONVIVENCIA

Neste curso, un grupo de alumnos de 4º da ESO baixo a supervisión das profesoras do Departamento de Debuxo, levaron a cabo a tarefa de decorar o aula de convivencia con este fermoso mural.  Agradecer ás profesoras Carmen Senande e Pilar Fueyo o deseño do mesmo e a súa labor, e a os alumnos o seu esforzo en conseguir este gran resultado.  Ver adxuntos.

 

AO NOSOS ALUMNOS DE 1º BACH NA NEVE EN ANDORRA

Aquí vos deixamos algunhas de imaxes dos 23 alumnos de 1º de BACH que o pasado mes de xaneiro visitaron Andorra para aprender e practicar diversos deportes de inverno, compartindo grupo cos seus compañeiros do Instituto veciño e amigo Fernando Blanco. Aproveitamos para agradecerlles o seu excelente comportamento e, especialmente, agradecer a os profesores acompañantes Raquel de la Torre e Santiago Vázquez a súa impagable labor ao frente do grupo.

Distribuir contido


by Dr. Radut