Skip to Content

Extraescolares

OS ALUMNOS DO RAÍCES EN RADIO NORDÉS

O xoves 23 de maio tivo lugar a visita aos estudos de Radio Nordés en Cee, de 4 alumnos e alumnos do Raíces para falar da súa experiencia na competición escolar de videoxogos EASports.  Foron acompañados polo profesor  D. Carlos Iglesias Candal do Departamento de Física e Química e coordinador da actividade no centro.

VIAXE AMSTERDAM/BRUSELAS DO ALUMNADO DE 4º ESO

A pasada semana, o alumnado de 4º da ESO do IES Agra de Raíces de Cee, acompañado polas profesoras Lara Trillo, Iolanda Rodriguez e Mercedes Teijeiro, visitaron as cidades de Ámsterdam e Bruxelas.

Nesta viaxe cultural, organizada polo instituto, tiveron a oportunidade de achegarse un pouco máis á historia e á cultura destas dúas cidades da man de expertos guías locais e visitar os principais monumentos.

En Ámsterdam, visitaron os dous museos emblemáticos da cidade: o Rijksmuseum e o Museo Van Gogh. En Bruxelas, tiveron a oportunidade de explorar o Atomium e descubrir o Museo do Diseño onde disfrutaron da exposición temporal adicada á historia da música disco.

Fóron 5 días de actividade frenética, paseando polos canales holandeses, Begijnhof, o Barrio Vermello, a Praza Dam, a Casa de Anne Frank e o Mercado da Flores en Amsterdam que remataron en Bruxelas  na maxestuosa Grand Place, con visita obrigada ó Manekken  Pis e ás maxestuosas galerías.

       

                         A expedición do Raíces fronte o Rijksmuseum (Amsterdam)

 

A POESÍA TOMA A SEMANA CULTURAL DO RAÍCES

O pasado luns 25, o poeta lucense Lois Pérez, visitou a biblioteca do instituto Agra de Raíces. convidado polo club de lectura "Libros Coma Area" na Semana Cultural.  Por outra banda, o martes 26, tivo lugar o segundo día de poesía na Biblioteca, onde gozamos da visita do escritor Carlos Negro, compartindo versos e moito máis entre alumnado e profesorado.

     

Alumnos e profesores có poeta Lois Pérez

 

Carlos Negro con un dos nosos alumnos

 

SEMANA CULTURAL RAÍCES 2019

Do 25 ao 29 de marzo ten lugar a Semana Cultural do noso centro, onde as alumnas e alumnos, profesoras e profesores, teñen a oportunidade de realizar varias saídas didácticas, asistir a charlas e obradoiros de diferentes temáticas, así como a proxeccións de películas e documentáis. Estas son algunhas das actividades que se están a desenvolver:

-Saída ao Dolmen de Dombate e Castro de Borneiro para 1º ESO, onde ademais participaron nun obradoiro.

-Saída a E.S. Bazarra para 1º ESO.

-Visita a 2 empresas no Polígono de Sabón (Arteixo) para 1º ESO.

-Saída ao conxunto histórico de Moraime y os secadoiros de congro de Muxía para 2º ESO.

-Saída ás Torres do Allo para 2º ESO onde ademais participaron nun obradoiro

-Saida a Celanova para visitar o Mosteiro de S. Salvador, a Capela de S. Miguel, c.oncerto didáctico có órgano histórico do mosteiro y visita á Casa dos Poetas para 3º ESO.

-Charlas a cargo do CIM sobre igualdade para 1º ESO.

-Charla sobre o lobo na comarca de Francisco José Lema  para 1º ESO.

 -Charla solidaria da Asociación Egueire para toda a ESO.

-Charlas da Asociación de Amigos de Galicia sobre igualdade e voluntariado para diferentes nivéis da ESO.

-Charla da Asociación Adega para 2º e 3º ESO sobre especies invasoras e posterior saída pola contorna.

-Charla APEM do programa "Descubre" sobre saude mental e consumo de drogas para 3º ESO.

-Charlas/obradoiros do Proxecto Medioambiental CONCIENCIA para 2º ESO.

-Obradoiro da Fundación Mapfre para 2º ESO.

-Obradoiros de actividades deportivas da profesora Jessica Blanco para 1º e 2º ESO

-Obradoiro de xornalismo e obradoiros científicos do CICA para 3º ESO.

-Obradoiro de Matemáticas Divertidas para 1º ESO.

-Obradoiro de construcción dun reloxo solar para 2º e 3º ESO.

-Obradoiro "Querote" sobre consumo de alcohol para 3º ESO.

-Obradoiros e charlas dos profesores/as e alumnos/as do CAE do centro aos alumnos da ESO.

-Diversas conferencias/obradoiros literarios a cargo de autores galegos como Lois Pérez e Carlos Negro.

 -Diversas conferencias a cargo da USC para os alumnos de 1º BACH.

-Etc.

THAT´S ENGLISH: COMEZO DAS CLASES E MATRÍCULA ABERTA

Informamos a tódolos interesados que, durante a próxima semana (a primeira de outubro) terá lugar o comezo das clases para os alumnos matriculados no programa THAT´S ENGLISH.  En calquera caso, a matrícula segue aberta ata o día 22 de outubro.

VIAXE A ROMA DOS ALUMNOS DE 4º ESO

Recentemente, 40 alumnas e alumnos de 4º ESO do noso centro tiveron a oportunidadede visitar a cidade eterna: Roma.  Entre o 9 e o 13 de abril, acompañados dos profesores Fernando Casanova, Esperanza Videla e Mar Capelo, poideron deleitarse cas visitas a lugares tan emblemáticos como a Basílica de S. Pedro, os Museos Vaticanos, o Panteón de Agripa, a Fontana di Trevi, o Foro romano e tantas outra maravillas da capital italiana.  Grazas a todos, alumnos e profesores, pola vosa colaboración.

Na foto podemos veor ao grupo fronte o Panteón de Agripa.

OS ALUMNOS DE 2º BACH DE PSICOLOXÍA E HISTORIA DA ARTE EN VIENA

O pasado mes de xaneiro, varios alumnos do noso centro das optativas de Psicoloxía e Hª da Arte tiveron a oportunidade de viaxar a Viena cos profesores Luis Dosal (Filosofía) e Pedro Márquez (Matemáticas), donde poideron disfrutar da cidade así como visitar o Museo Freud, o Museo das Matemáticas o a casa natal de Beethoven.  Gracias aos profesores pola súa labor e aos alumnos polo seu comportamento exemplar.

 

 

Festival de teatro Grecolatino

As alumnas e alumnos que cursan Latín ou Grego en 4º de ESO e bacharelato voltaron, un ano máis, ao Festival de Teatro Grecolatino que se celebra na cidade de Lugo no mes de marzo, concretamente no auditorio Gustavo Freire. A obra que foron ver foi "Os xemelgos de Plauto" representada pola compañía Noites de Bohemia.

Ademais de acudir ao teatro, alumnos e profesores visitaron a sala de exposicións Porta Miñá onde se explica como se configurou a cidade de Lucus Augusti, seguindo o proceso evolutivo desta, dende as súas orixes, como campamento, pasando pola etapa de máximo esplendor e fortificación, a construción da Muralla, ata acadar o seu ocaso.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut