Skip to Content

Medalla de bronce para Mateo Pérez nas Olimpíadas Nacionais de Química

O pasado sábado, 7 de maio, celebrouse na Facultade de Química de Santiago de Compostela a XXXV Olimpíada Nacional de Química, na que competiron 150 candidatos procedentes de toda España, tras alzarse cos primeiros postos na categoría autonómica deste certame. As autoridades responsables da organización do evento entregaron o domingo, 8 de maio, os diplomas acreditativos a todos os participantes e as distincións aos gañadores da Olimpíada. Entre eles, atopábase o noso alumno Mateo Pérez, que obtivo a medalla de bronce, ratificando así a calidade indiscutible do seu traballo no ámbito nacional e obtendo un merecido recoñecemento ao esforzo realizado durante estes meses.

 Mateo estivo acompañado pola súa profesora María José Pena e ambos compartiron a incertidume, o entusiasmo e a responsabilidade de achegarse xuntos ao final desta aventura, que se converteu nunha historia de constante superación, adaptación, revisión e cambio á que asistimos todos con eles. A lóxica, o traballo e o coñecemento situaron aos dous á altura dos seus logros e ao alcance dos seus soños. Parabéns, Mateo, por unha medalla olímpica non só ao éxito, senón sobre todo ao valor, á forza de vontade, ao tesón e á humildade, porque soamente é grande na vida quen sabe ser pequeno.

“Podo porque creo que podo” (Virxilio).

AdxuntoTamaño
Olimpiada química Mateo e Mª José.jpeg266.23 KB


blog | by Dr. Radut