Skip to Content

Diagnose e seguimento da convivencia escolar 2020/2021

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de poñer en marcha unha enquisa que permite analizar o estado da convivencia na comunidade educativa, e das novas formas nas que se está a desenvolver como consecuencia do impacto da COVID-19.

Esta sondaxe de carácter censual “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, posibles avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador. No tocante á organización no noso centro, destacar que:

  • enquisa estará operativa ata o 29 de abril de 2021 (ambos dous días incluídos) para todos os colectivos.
  • Cubrir a enquisa toma un tempo estimado de 15 minutos.
  • profesorado debe acceder a través da ligazón https://www.edu.xunta.gal/convdoce e introducir a clave de único acceso e unipersoal facilitada polo centro. Este é un código que permite entrar á plataforma da enquisa, e que garante o total anonimato na recollida dos datos.
  • alumnado dende 1º a 4º ESO debe acceder a través da ligazón https://www.edu.xunta.gal/convobrig, e introducir unha clave de único acceso, que serán facilitadas polo/a profesor/a acompañante do grupo no momento de cubrila. Ao igual que as do profesorado, estes códigos garanten o anonimato.
  • alumnado de BAC e CICLO debe acceder a través da ligazón https://www.edu.xunta.gal/convpost, e introducir unha clave de único acceso, que serán facilitadas por vicedirección antes da data de execución das mesmas ao profesor/a acompañante do grupo. Ao igual que as do profesorado, estes códigos son de único acceso e garanten o anonimato.
  • As familias accederán á enquisa a través da ligazón https://www.edu.xunta.gal/convfamil e introducirán a clave de acceso único que lle chegue, nunha circular remitida polo centro, a través do seu fillo/a. A participación nesta iniciativa é totalmente anónima.
  • O persoal non docente cubrirá a enquisa na ruta https://www.edu.xunta.gal/convpas, introducindo a clave de acceso único facilitada polo centro. De igual maneira que o resto de colectivos, a participación é totalmente anónima.

Moitas grazas pola colaboración.


blog | by Dr. Radut