Skip to Content

Día Internacional da Muller

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración coa materia de Valores éticos, decidiu conmemorar o Día Internacional da Muller (8 de marzo) cun orixinal vídeo compilatorio a modo de homenaxe e recordo a todas aquelas mulleres, coñecidas e anónimas, que loitaron e batallan cada día na procura dunha sociedade máis xusta e paritaria. O material audiovisual presentado fai referencia ás súas cualidades persoais e profesionais: a amizade, o traballo en equipo, a creatividade, a curiosidade, a capacidade para soñar que enxendra grandes e pequenos proxectos, a loita pola supervivencia e a superación, a súa entrega para o coidado e o acompañamento dos demais, o rexeitamento da marxinación social e de xénero... E remata cun sentido repaso ás mulleres pioneiras nos distintos ámbitos do saber e do progreso social: Clara Campoamor, Coco Chanel, Emilia Pardo Bazán, Isabel Zendal, Rosa Parks, Margarita Salas..., así como todas aquelas cuxo nome non aparece escrito na historia, pero que si obtiveron e desempeñan un papel fundamental na loita diaria a prol da igualdade. 
 


blog | by Dr. Radut