Skip to Content

O machismo é pandemia, campaña viral do alumando do IES Agra de Raíces

O alumnado de 1º de Bacharelato do IES Agra de Raíces vén de constituír a plataforma "Colectivo XA", un espazo virtual con presenza nas redes sociais de Instagram, Tiktok e Twitter (@colectivoxa) desde o que tenderán pontes para a mocidade galega máis consciente e crítica.
 
A primeira campaña, de formato audiovisual, foi realizada con motivo do 25N e coa intención de denunciar e visibilizar a violencia machista que se desenvolve no seo dos fogares e que se oculta na invisibilidade que provoca o confinamento.
 
 
Detrás desta iniciativa figuran os nomes dos alumnos e alumnas Ángel Aba, Samuel Canosa, Alexia Fariña, Ana Fdz. de Larrinoa, Carla Ferrío, Lara Garrido, Ariadna Herrero, Yamila Lago, Óliver López, Laura Matínez, Miguel Pérez, Naira Puente, Carmen Sánchez e Adrián Villar, responsábeis do guión, e o do profesor Albero Pombo, que se encargou da edición e dirección.
 
Para facer viral esta campaña crearon o cancelo #omachismoépandemia co que convidan a encher as redes no próximo mércores 25 de novembro.


blog | by Dr. Radut