Skip to Content

Medidas de prevención fronte á COVID-19

Durante o curso escolar que está a piques de comezar, será imprescindible extremar o coidado e o estrito cumprimento das medidas de hixiene e protección establecidas polas autoridades sanitarias. Unha das máis efectivas para a prevención da COVID-19 é o uso da máscara. Por iso, é fundamental cerciorarnos de que a empregamos correctamente. Se clicades na seguinte ligazón, podedes acceder a un vídeo explicativo sobre a súa axeitada colocación e utilización:

O seguinte vídeo constitúe, pola súa parte, un recordatorio das actuacións que todos debemos seguir e respectar para protexernos da enfermidade (manter a debida distancia social, tusir ou esbirrar cara o cóbado, non tocar a cara, nariz ou ollos, así como outros obxectos de uso común, lavar as mans con frecuencia...). Aínda que non se trata de recomendacións novas ou descoñecidas nos últimos meses, convén que as repasemos e as interioricemos plenamente polo ben de todos:



blog | by Dr. Radut