Skip to Content

As mulleres que levaban o mundo na cabeza

O patio do IES Agra de Raíces de Cee foi o lugar elixido polo “Club de Letras” do centro para que a muralista Ana Santiso(santiso ilustración , web )  plasmase a súa interpretación persoal, inspirada na emblemática foto da fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson ao seu paso pola Costa da Morte.

Rematou o proxecto deste curso Mulleres nas Artes, dun xeito que beneficia a toda a comunidade escolar.

O “Club de Letras” defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación. Neste marco o profesorado suxeriu diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poideran afondar, descubrir e coñecer novos eidos relacionados coas Humanidades, as Artes e as Ciencias Sociais procurando unha visión transversal e interrelacionada das manifestacións literarias e artísticas, abordar perspectivas históricas, así como a potenciación da capacidade creativa e de lectura reflexiva, coa finalidade de fomentar competencias de comprensión e de pensamento crítico do mundo actual.

O equipo, coordinado pola profesora Mercedes Teijeiro do departamento de inglés, estivo formado por Mirta Pequeño do departamento de plástica; Eduardo Louredo do departamento de lingua e literatura galega; Montserrat Vila, Lara Trillo e Ana Porteiro do departamento de lingua e literatura española Rosana Rial do departamento de inglés e Teresa Llamas do departamento de historia.



blog | by Dr. Radut