Skip to Content

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO (2017/2018)

PROCEDEMENTO  DE ADMISIÓN  DO ALUMNADO (2017/2018)

PRAZAS VACANTES NO IES AGRA DE RAÍCES

Curso

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1ºBach

2ºBach

Nº Vacantes

27

(9 n.e.e.)

21

27

36

65

23

Presentación de solicitude de admisión: Do 2 ao 20 de marzo

Todo o relativo ao procedemento de admisión  réxese pola orde do 12 de marzo de 2013 (ver orde) e do 25 de xaneiro de 2017 (ver orde

Para solicitar a admisión no noso centro deben entregar no prazo establecido a anexoII (ver anexo II) e o documento de prematrícula que lle será facilitado no centro.

Todo aquel alumno ou alumna que desexe facer a súa reserva de praza ou solicitude de admisión de forma telemática poderá facelo no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

O prazo de presentación de documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo (nos centros onde a demanda de prazas sexa superior á oferta): do 23 de marzo ao 3 de abril.

·        

Cada alumno/a  só poderá presentar una única solicitude de matrícula que deberá ser entregado no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción de esta norma suporá a perda dos dereitos de prioridade.

·        

Coa solicitude, en calquera caso, deberá achegarse copia do DNI do alumno ou copia do libro de familia, para acreditar a súa idade.

·        

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo ao mesmo tempo ao centro de orixe.

·        

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva desa praza antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

·        

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: antes o 25 de abril. A partir do día en que se publique a listaxe provisional hai un prazo de 5 días hábiles para presentar reclamacións.

·        

Publicación das listaxes definitivas: antes o 15 de maio

·        

Os centros adscritos ao IES Agra de Raíces son o CEIP Eugenio López de Cee e o CEIP de Dumbría.

 

O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión seguinte documentación:

a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

b) Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.

c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.

 

d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso».



page | by Dr. Radut