Matrícula

MATRÍCULA CURSO 2023-2024

 

·  Prazo: do 23 de xuño ao 07 de xullo de 2023, preferentemente seguindo este calendario:

 

1º ESO

 

23 e 26 de xuño

 

2º ESO

 

27 e 28 de xuño

 

3º ESO

 

29 e 30 xuño

 

4º ESO

 

3 e 4 de xullo

 

1º BACH

 

5, 6 e 7 de xullo

 

2º BACH

 

5, 6 e 7 de xullo

 

· Documentación:

 

1. Formulario de matrícula cuberto e asinado pola nai, pai ou o titor/a legal, de ser o alumnado menor de idade.


2. Catro fotografías de tamaño carnet co nome e apelidos escritos por detrás. No caso de matrícula presencial entregar de forma conxunta. No caso de matrícula por correo entregar ao titor do grupo no principio do curso.


3. Copia do DNI do alumno/a. En caso de non ter DNI, (menores de 14 anos), presentarase copia do libro de familia.


4. Copia da tarxeta sanitaria (só alumnado de 1º e 2º da ESO).


5. Certificación académica de Educación Primaria, ESO ou Bacharelato para o alumnado procedente de centros non adscritos. Non é necesaria a certificación para o alumnado que veña dos CEIP Graxal, Portofaro nin Wenceslao Fdez. Flórez.


6. Solicitantes de Sección Bilingüe de 1º de ESO: copia do boletín de notas do curso anterior.


7. Alumnado de 3º e 4º ESO, Bacharelato e Ciclos formativos menores de 28 anos: resgardo de pagamento de seguro escolar (1,12 euros a ingresar mediante transferencia ou en caixeiro de ABANCA, nº de conta IBAN ES05 2080 0048 2130 4000 5264)

 

· Lugar de presentación:

O formulario de matrícula asinado e o resto da documentación pódense entregar en Secretaría do centro nos prazos establecidos, ou enviar escaneados ao correo electrónico: matricula@iesafonsoxcambre.com consignando no asunto do correo: Matrícula + Nome do alumno/a +curso.

 

 

 Circular en PDF

Powered by Drupal - Design by artinet