Información Xeral

Programas Internacionais

O IES Afonso X O Sabio comprométese con ofrecer ao seu alumnado a maior cantidade de oportunidades posibles. Neste sentido, as viaxes culturais, os intercambios lingüísticos e, sobre todo, os proxectos europeos, teñen formado parte da vida do noso centro desde o seu inicio.

En canto ás viaxes culturais, destacan as realizadas por España, sobre todo a viaxe de fin de etapa na ESO e tamén as viaxes ao estranxeiro, sobresaindo as viaxes a Italia ou Grecia e as viaxes das seccións bilingües: Londres, Dublín, París, Berlín, Roma, etc.

Os intercambios lingüísticos tórnanse fundamentais, non so para mellorar a comprensión e expresión oral, senón para interesarse polo contexto social, económico e cultural desa lingua. Elementos claves á hora de aprender un idioma estranxeiro. Neste momento contamos coa colaboración co centro francés Lycée Jeanne d´Arc de Pontivy, que traballa co noso departamento de francés, para o cal tivemos a financiación da xunta do programa EduExchanges, pero desde hai anos véñense realizando diversos intercambios con outros centros franceses.

Con respecto aos programas europeos, temos que dicir que somos un dos centros que máis proxectos financiados levamos desenvoltos, sendo un centro de referencia en Galicia. Comezamos desenvolvendo programas Comenius Multilateral, nesta modalidade facíamos que se desprazasen estudantes para que vivisen intercambios de boas prácticas. Desde o ano 2015 estes programas pasáronse a coñecer como Erasmus+ e, desde este ano, levamos desenvoltos dous proxectos KA2 para alumnado de educación escolar e estamos desenvolvendo un proxecto KA1 para o alumnado de FP de grao medio. Estes programas veranse ampliados, xa que nós seguimos pedindo novos proxectos e, no próximo ano, esperamos comezar con outros dous proxectos novos. Para levar a cabo esta proposta contamos con un grupo de docentes con diversa competencia en lingua estranxeira e novas tecnoloxías que se reúnen polo menos unha vez ao mes e repártense o traballo que permite, ao noso alumnado, vivir experiencias de aprendizaxe en países estranxeiros financiados pola UE.

Powered by Drupal - Design by artinet