Programas Europeos

1. Programas actuais:

Erasmus +KA2. Educación escolar:

MusicVibe: Este proxecto centrarase no intercambio de boas prácticas empregando a música como ferramenta de mellora da integración e da convivencia, así como no achegamento á nosa identidade cultural, comparándoa con outras. Países participantes: Italia e España. Desenvolverase durante os cursos 2020 - 2022.

BLOG: https://musicvibeproject.blogspot.com

STAGE: Steps to achieve gender equality: Programa co que pretendemos abordar a desigualdade de xénero dende diversas vertentes, favorecendo a integración das mulleres en igualdade de oportunidades en todos os ámbitos da sociedade. Países participantes: Polonia, Rumanía, Turquía e España. Desenvolverase durante os cursos 2019 - 2021.

BLOG: https://erasmuska21921.blogspot.com/

Erasmus +KA1. Formación profesional:

Metodoloxía IFS: por medio deste proxecto, pretendemos mellorar a formación do profesorado de FP a través da realización de estancias formativas (job-shadowing) nun centro no que se imparten os mesmos ciclos de xestión administrativa en Italia, o IIS Stendhal de Civitavecchia. Ademais, este proxecto ofrece ao alumnado a oportunidade de realizar todas as súas prácticas sufragadas nesta cidade.

BLOG: https://ciclosafonsoxka1.blogspot.com/

 

Blog de programas europeos

 

2. Antigos programas:

Erasmus + KA2 2015 - 2017:

Crush: Conflict Resolution For a Better School Management: Programa co que se reflexionou sobre a resolución pacífica de conflitos en distintos lugares de Europa. Países participantes: Portugal, Italia, Lituania, Turquía e España.

BLOG: http://crusherasmus.blogspot.com/

 

Erasmus + KA2 2015 - 2018:

Horizon to the future: Programa co que se traballou co alumnado sobre distintas competencias profesionais para o seu futuro. Países participantes: Finlandia, Italia, Alemaña, España (Montmeló) e España (Cambre).

BLOG: http://horizontothefuture.blogspot.com/

 

Comenius 2013 - 2015

BLOG:  http://comeniusafonsox.blogspot.com.es/

 

Comenius 2010 - 2012

Comenius  "Health, getting fit for Europe":    introdución

Francia: 1ª parte,  2ª parte,  3ª parte,  4ª parte

 

Comenius 2008 - 2010

Comenius "Euroteens"

Revista:  1ª parte,    2ª parte,    3ª parte,  4ª parte

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet