Skip to Content
 

 

   

 

 

Actividades

MASTERCHEF ROMANUS 2020-21

Vídeos dos nosos alumnos reposteiros:

 

 

 

 

 

DIES IN THEATRO

 

 
 
 

 

Neste mes de marzo, os rapaces de 1º de Bac de Humanidades asistiron no Teatro Colón a unha función do aclamado grupo de teatro “Noite Bohemia”.

Nesta ocasión representaron a traxedia AS TROIANAS de Eurípides.

Unha vez máis cumplíronse as expectativas... Para que vos fagades unha idea, aquí vos deixo un video, xentileza do profesor Álvaro Pérez Vilariño.

 

 

MASTERCHEF ROMANUS

 

 

 

 

 

ROMANORUM DULCIA

O pasado xoves os alumnos de latín de 4º participaron na primeira edición do concurso Masterchef Romanus, nesta ocasión elaboráronse postres seguindo as antiguas recetas da antigua Roma: placenta pomaria, libum molle, pudin cartaxinés etc.

Disfrutamos moitísimo coa degustación e ca posterior votación......resultou vencedora Lucía Rodriguez, eso si, sen restarlle méritos aos demáis.

O Departamento quere agradecer a participación do alumnado por facer unha perfecta exposición da elaboración dos pratos e mesmo vestirse para a ocasión.

GRATIAS VOBIS DO!

 

 

AL RICO CUPCAKE !

 

 

 

 

Como los alumnos de latín y cultura clásica quieren irse a Roma, necesitan recaudar un dinero para lograr financiar eseproyecto......y a Florencia y Lidia se les ha ocurrido hacer unos cupcakes, que venden los lunes en la tienda del centro comercial de Adormideras.La verdad, es que tienen un aspecto muy apetitoso y están muy ricos. Animaos a probarlos

También Laura Boado hace galletitas caseras, que ofrece en el Instituto: las veis aquí debajo.

Entre estas iniciativas y otras, como vender rifas y camisetas con el anagrama del Insti, a ver si hacen un buen viaje.

 

ROMA, CITTÀ APERTA

 

O día 20 deste mes de xuño un grupo de alumnos de 4º de E.S.O. e 1º de Bac fixeron unha excursión a cidade  de Roma acompañados pola profesora de Latín e grego.,Inés Sánchez Pereiro.

Marchamos ilusionados, pero nerviosos pola incertidume da nova experiencia que íamos levar a cabo.

A viaxe fíxose en combinación co I.E.S. Concepción Arenal de Ferrol, e hai que resaltar a boa sintonía que tiveron os alumnos dod dous centros, iniciando amizades que posiblemente terán unha continuidade.

O balance ,que eu como responsable podo facer , é altamente positivo polo bo comportamento  que amosaron os  alumnos do noso centro. Vaia por diante o meu agradecemento a eles e as familias .

Agardo que para eles fose unha experiencia inesquecible o mesmo que o foi para min.

As fotos da excursión fixéronas Andrea García e Jennifer Álvarez.

Pinchade neste enlace.

 

 

VISITA A ROMANORUMVITA

 

 

 Os alumnos no video inicial de presentación

 

O día 5 de xuño de 2017 os alumnos de 4º da ESO de Latín asistimos á exposición Romanorumvita organizada pola fundación La Caixa.

Fixemos un extraordinario percorrido por unha cidade romana do século I, calzadas co seu paso de cebra, lavanderías , letrinas, grafittis, ánforas recolledoras de ouriños.....recreación dunha domus por dentro et cetera.

Toda unha experiencia auditiva,  visual e mesmo olfativa!

 

 Foto dunha letrina

Aristófanes na praia

Agora que marcharon as nubes, os alumnos de 2º de BAC de Humanidades aproveitamos para facer unha lectura dramatizada ao aire libre.

 

A obra en cuestión foi a comedia de Artistófanes chamada precisamente NUBES. Cada un representou unha personaxe e algún meteuse moito no papel...!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut