blogue deadmin

Graduación virtual curso 2019-20

Enviado por admin o Mar, 06/16/2020 - 19:07

Un espazo para a graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do I.E.S. Plurilingüe Adormideras en tempos de confinamento. Non poderemos xuntarnos físicamente, pero coa colaboración de todos poderemos montar algo bonito que recordaremos sempre.

Empezamos recollendo as vosas ideas e propostas neste foro:

 

 

( categories: )

TAREFAS 3º ESO, profesor JAN ALVIN MUZA

Enviado por admin o Mar, 03/17/2020 - 12:02

 

Semana 30 de marzo - 3 de abril:

  • 3º A & 3ºB:
    • Student´s Book page 61, exercises 6/7/9; Page 63  "Famous heroes and heroines" (reading).
    • Workbook: Grammar reference page 114; Exercises 1-7 page 115.Vocabulary plus (page 101)

Os estudantes deberían autocorrixir os exercicios das últimas dúas semanas. Solucións aquí.

 

Semana 23-27 de marzo:

  • 3º A & 3ºB:
    • Workbook pages 50 & 52
    • Workbook pages 114 & 115 (exercises 1-5)

 

Semana 16-23 de marzo: 

  • 3º A:
    • Student’s book, pages 60 & 61 (exercises 1-9)
    • Workbook, pages 46 & 47.
  • 3ºB:
    • Student’s book, page 61, (exercises 6-9)
    • Workbook, page 46 (exercise 4) & page 47 (exercises 5, 6 & 7)

 

 

( categories: )

DIES IN THEATRO

Enviado por admin o Lun, 03/16/2020 - 21:12

 

 
 
 

 

Neste mes de marzo, os rapaces de 1º de Bac de Humanidades asistiron no Teatro Colón a unha función do aclamado grupo de teatro “Noite Bohemia”.

Nesta ocasión representaron a traxedia AS TROIANAS de Eurípides.

Unha vez máis cumplíronse as expectativas... Para que vos fagades unha idea, aquí vos deixo un video, xentileza do profesor Álvaro Pérez Vilariño.

 

 

( categories: )

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Enviado por admin o Xov, 03/12/2020 - 17:13

            

Debido ao estado de alerta a causa da crise do coronavirus, informámolos do que segue:

  • Este centro permanecerá pechado ao público ata novo aviso. A través deste medio irase informando puntualmente das novidades.
  • De ser necesaria a comunicación co centro utilicen o correo electrónico: ies.adormideras@edu.xunta.es. Só en casos de extrema necesidade poden chamar ao número 881880086 en horario de 10 a 13 horas de luns a venres (agás xoves 19 e venres 20)
  • O proceso de admisión de alumnado prorrógase unha semana a partir do inicio das clases. Quen o desexe pode facelo telemáticamente na aplicación admisionalumnado.

         

En canto ás actividades lectivas, informámolos do seguinte:

O alumnado poderá seguir co desenvolvemento do curso empregando os distintos métodos que o centro pon á súa disposición:
 
1) AULAS VIRTUAIS EXISTENTES: Os cursos que estaban funcionando a través da Aula Virtual con anterioridade, seguirán con ela.
2) NOVAS AULAS VIRTUAIS: Haberá novas incorporacións de cursos e materias de xeito progresivo. O alumnado deberá entrar periódicamente na páxina principal da Aula Virtual para ver qué cursos se van engadindo e solicitar acceso a ela.
3) OUTRAS PLATAFORMAS:  Habilitaremos un espazo para acceder a materiais aloxados na rede, no que se recompilarán as páxinas ás que o alumnado pode acceder.
4) O profesorado que xa estaba empregando outros medios telemáticos para comunicarse co alumnado, continuará con eles.
 
 
Desexámoslles a todos que pasen este período excepcional do mellor xeito posible.
Moito ánimo e responsabilidade.
 

 

Idiomas do mundo, verán 2020

Enviado por admin o Ven, 02/28/2020 - 19:10

 Ata o 6 de marzo estará aberto o prazo de inscrición da actividade de inmersión lingüística para o verán de 2020 do Concello da Coruña. Máis información neste enlace.

Probas de Certificación en Lingua Inglesa

Enviado por admin o Xov, 02/06/2020 - 16:07

Informamos dos horarios de celebración das probas de Certificación en Lingua Inglesa que a Xunta de Galicia pon a disposición do noso alumnado a través do Trinity College :

  • A proba escrita realizarase o sábado 15 de febreiro de 2020, no I.E.S. Plurilingüe Eusebio da Garda. O alumnado deberá presentarse ás 8:30 horas.
  • A probas orais terán lugar o venres 14 de febreiro no I.E.S. Plurilingüe Adormideras, a partir das 13:30 horas. É imprescindible presentarse media hora antes da cita asignada a cada alumno, pero recoméndase chegar unha hora antes, por posibles adiantos sobre o horario previsto.

Para obter máis información e instrucións para a realización da proba escrita, poden visualizar o vídeo que atoparán neste enlace.

Mapoula 2017/18

Enviado por admin o Lun, 03/18/2019 - 14:06

( categories: )
Distribuir contido