Skip to Content
 

 

   

 

 

Becas comedor para o ano académico 2024-25

 

 

Aberto o prazo para solicitar a beca comedor do concello da Coruña para o vindeiro ano académico 2024-25. O prazo de presentación vai do 17 de abril ao 8 de maio, ambos incluídos.

Información sobre a convocatoria aquí.

Pódese consultar tamén por sede electrónica, ou no número de información cidadá 010

 

Importante, NON SE PRECISA APORTAR A CERTIFICACIÓN DE MATRÍCULA.

Listaxes de admitidos.

No taboleiro do centro, e a través da aplicación admisionalumnado (con certificado dixital ou chave 365) están publicadas as listaxes de admisión para o vindeiro ano académico 2024-25.

Exame pendentes Abril

Caldendario de pendentes de abril. Ver aquí

Proceso de admisión de alumnado. Baremación.

AVISO

 

Ábrese o prazo de presentación de documentación xustificativa dos criterios alegados (certificación de padrón municipal, monoparentalidades...) para as solicitudes correspondentes aos cursos 2º e 4º de E.S.O.

 

No resto dos cursos non se precisa baremación.

Novo éxito na Olimpíada de Física, outro ano máis!

 

O alumno de 2º de bacharelato do noso instituto Santiago García García, foi seleccionado para representar a Galicia na Olimpíada Española de Física deste ano 2024, despois de celebrarse a fase autonómica organizada polas Universidades galegas o pasado venres 15 de marzo, na que Santiago conseguiu un fenomenal segundo posto pola Universidade de A Coruña.

Becas MEC 2024-25

Con data 19 de marzo abrirase o prazo para solicitar as becas MEC.

 

Na ligazón que seguen teñen acceso á información xeral    ---> Becas 2024 - 25

Admisión de alumnado para o ano académico 2024/25.

 

Prazo e formas de presentación: do 1 ao 20 de marzo.

 

Presencialmente no centro en horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. Luns á tarde de 16:30 a 18:00 horas.

 

 

Ou de forma electrónica na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado con chave 365 ou certificado dixital.

 

 

Modelo de solicitude ED550B

2º parcial de pendentes.

Publicadas as datas do segundo parcial de pendentes. Ver aquí.

Inmersión lingüística English Club - Anpa Cataventos

Achégase información referente á actividade organizada pola Anpa Cataventos en colaboración coa persoa encargada da actividade de inglés.

 

Información aquí

Calendario de pendentes.

Calendario do primeiro parcial de pendentes. Acceder.

Distribuir contido


by Dr. Radut