Skip to Content

Probas clasificación

Información xeral

As probas de clasificación teñen por obxectivo identificar o nivel de dominio no idioma da persoa candidata, que desexe matricularse nas escolas oficiais de idiomas de Galicia nun nivel superior ao 1º curso do nivel básico. Ditas probas estarán destinadas só ao novo alumnado.

Os resultados da proba manterán a súa validez durante dous cursos académicos en calquera das escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Os aspirantes ás probas de clasificación deberán ter, de acordo co artigo 59.2 da Lei Orgánica de Educación, dezaseis anos ou cumprilos antes do 31 de decembro do ano natural en curso se se trata do primeiro idioma cursado no ensino secundario obrigatorio, e catorce anos de non ser así.

As datas de inscrición nas probas de clasificación serán do no mes de setembro.

Para formalizar a inscrición as persoas candidatas deberán presentar a seguinte documentación no centro onde desexen facer a proba:

- Resgardo do aboamento de taxas

- Ficha matrícula cumplimentada

- Fotocopia DNI

Proba de clasificación - xuño 2022

Consulta aquí os resultados

FRANCÉS      INGLÉS

O alumnado que acceda pola proba de clasificación, terá que facer a preinscrición para o curso 2022-2023.

PREINSCRICIÓN

PROBAS CLASIFICACIÓN 2021- curso 2021-22

Os alumnos que queiran acceder a un curso distinto de Básico 1 e non o poidan facer certificando coñecementos do idioma a través da Orde do 21 de xuño de 2016 terán que facer a proba de clasificación.

A matrícula para poder presentarse a ditas probas será do 1 ao 7 de setembro.

Por mor do covid-19 farase a matrícula ONLINE, por tanto unha vez cumplimetada a folla de matrícula e efectuado e pago deberedes escanear os documentos necesarios e envialos ao correo da escola: eoi.monforte@edu.xunta.gal

Enlace para matricularse

Tras a publicación dos resultados da proba os alumnos terán que facer a través do enlace correspondente a sua preinscrición en liña para o nivel ao que obtiveran acceso.

As probas e a publicación dos resultados serán na sede central da escola: Rúa Calvo Sotelo, 65 (Monforte de Lemos).

Importante: é imprescindible vir ao exame có DNI e o resgardo de matrícula

DATAS DAS PROBAS

RESULTADOS INGLÉS

RESULTADO FRANCÉS

RESULTADO ALEMÁN

 

PROBAS ACCESO 2019-2020

Se xa sabes algo do idioma e queres acceder a un curso distinto de primeiro podes presentarte

ás probas de clasificación.

O prazo para inscribirse 14 - 18 de outubro

Anótate!!!

CLASIFICACIÓN 2019

Os alumnos que queiran acceder a un curso distinto de Básico 1 e non o poidan facer certificando coñecementos do idioma a través da Orde do 21 de xuño de 2016 terán que facer a proba de clasificación.

A matrícula para poder presentarse a ditas probas será do 2 ao 6 de setembro.

Tras a publicación dos resultados da proba os alumnos terán que facer a través do enlace correspondente e  ata o 16 de setembro a sua preinscrición en liña para o nivel ao que obtiveran acceso.

Tanto a matrícula, como as probas e a publicación dos resultados serán na sede central da escola: Rúa Calvo Sotelo, 65 (Monforte de Lemos)

Importante: é imprescindible vir ao exame có DNI e o resgardo de matrícula

Resultado das probas onde figura o curso ao que accede o candidato e para o que terá que facer a preinscrición.

 

NOVA DATA PARA A PROBA: OUTUBRO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut