Skip to Content

Información xeral

As probas de clasificación teñen por obxectivo identificar o nivel de dominio no idioma da persoa candidata, que desexe matricularse nas escolas oficiais de idiomas de Galicia nun nivel superior ao 1º curso do nivel básico. Ditas probas estarán destinadas só ao novo alumnado.

Os resultados da proba manterán a súa validez durante dous cursos académicos en calquera das escolas oficiais de  idio

As probas de clasificación teñen por obxectivo identificar o nivel de dominio no idioma da persoa candidata, que desexe matricularse nas escolas oficiais de idiomas de Galicia nun nivel superior ao 1º curso do nivel básico. Ditas probas estarán destinadas só ao novo alumnado.

Os resultados da proba manterán a súa validez durante dous cursos académicos en calquera das escolas oficiais de  idiomas de Galicia.

 Os aspirantes ás probas de clasificación deberán ter, de acordo co artigo 59.2 da Lei Orgánica de Educación, dezaseis anos ou cumprilos antes do 31 de decembro do ano natural en curso se se trata do primeiro idioma cursado no ensino secundario obrigatorio, e catorce anos de non ser así.

As datas de inscrición nas probas de clasificación serán do no mes de setembro.

Para formalizar a inscrición as persoas candidatas deberán presentar a seguinte documentación no centro onde desexen facer a proba:

- Resgardo do aboamento de taxas

- Ficha matrícula cumplimentada

- Fotocopia DNI



page | by Dr. Radut