|
|
|
|
Curso 2023-24
COMEZO DAS TITORÍAS 2023/24: 2 DE OUTUBRO DE 2023
1. Horario das titorías
*NOVIDADE: CURSOS EXAM PREP
Este ano, a oferta de cursos de That's English! inclúe como novidade os Cursos Exam Prep regulados pola Instrución 9/2023.
Estes cursos son intensivos, cuadrimestrais, 100% online, e prepárante para aprobar as probas oficiais de certificación de inglés dos niveis Intermedio B2 e Avanzado C1.
Podes consultar toda a información na seguinte ligazón: https://examprep.thatsenglish.com/galicia/
2. Proba VIA (Valoración Inicial do Alumnado).
Esta proba vai dirixida a aquelas persoas que, tendo coñecementos previos de inglés,desexen acceder a un curso superior ao primeiro de nivel básico (Máis información na Instrución 6/2023, apartado 2.2).
Pode realizar a proba VIA en liña desde a páxina de That's English! (https://www.thatsenglish.com) ou directamente seguindo esta ligazón: https://www.thatsenglish.com/examen-prueba-via/
3. Datas de matrícula.
As datas de matrícula serán do 1 de setembro ao 31 de outubro, sen prexuízo de que se poida habilitar un prazo extraordinario de matrícula con posterioridade, sempre e cando existan prazas dispoñibles.
EXCEPCIÓN: para os cursos de Exam Prep, as datas de matrícula dos cursos do primeiro cuadrimestre serán do 11 ao 22 de setembro e as datas de matrícula dos cursos do segundo cuadrimestre serán do 12 ao 23 de febreiro de 2024.
4. Formalización da matrícula
A matrícula realizarase por vía telemática. Para facelo de forma telemática acceda desde a páxina de That's English! (www.thatsenglish.com) ou directamente seguindo a seguinte ligazón: http://www.thatsenglish.com/matriculainternet/nueva
5. Contacto That's English na EOI A Coruña:
eoi.acoruna@thatsenglish.com
Se desexa acudir persoalmente ao centro, debe solicitar cita previa na seguinte ligazón: