Solicitude de títulos e certificados académicos

SOLICITUDE TÍTULOS

Para solicitar o diploma de A2 ou B1, non hai que pagar taxas, só ten que enviarnos un correo indicando o idioma e o curso do que quere o diploma enviando tamén o seu DNI escaneado ou fotografiado.

Para solicitar o título de C1 aprobado anteriores ao curso 2018/19 non é necesario pagar taxas, ten que facer unha solicitude por correo electrónico: eoi.corunha.secretaria@edu.xunta.gal

Para solicitar os títulos de B2,C1 e C2 do plan LOMCE /LOMLOE (CURSOS 2018/19 e seguintes), e para o título B2 dos plans anteriores (cursos anteriores a 2018/19) hai que seguir os seguintes pasos:

Cubrir este formulario: Premer aquí / formato editable

RECIBIRÁ O XUSTIFICANTE DO DEPÓSITO DO TÍTULO E UN CERTIFICADO.


SOLICITUDE CERTIFICADOS

Pode solicitar un certificado de estudos en persoa na Secretaría ou por correo electrónico a eoi.corunha.secretaria@edu.xunta.gal empregando firma electrónica ou adxuntando foto do seu DNI/NIE. Non se pagan taxas.