Adaptación de probas

Alumnado oficial

O alumnado oficial que, debido a unha necesidade específica/especial (por exemplo, auditiva ou visual) ou a calquera outra situación persoal, necesite algún tipo de adaptación para realizar as probas de promoción ou certificación deberá presentar unha solicitude de adaptación das probas acompañada da documentación acreditativa das súas necesidades específicas.

Debe solicitarse ao realizar a matrícula.

 


 Alumnado libre

O alumnado con diversidade funcional que necesita adaptación do exame deberá presentar unha solicitude de adaptación da proba (Anexo 2) da Instrución 11/2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se regulan
as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo
réxime libre para o curso 2023/24. de 11-2023

Debe solicitarse ao realizar a matrícula.