Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

5º E.I. (4 ANOS)

MOCHILA VIAXEIRA DE 5º!

Hoxe, 21 de novembro, a mochila viaxeira vai a casa de Enzo!

Disfrutádea familia!

Presentación do proxecto de centro! LIBRIÑOS AO MAR

Ola familias! 

Como sabedes, fai uns días (cando o tempo meteorolóxico nolo permitiu) saímos á praia a facer a presentación do noso proxecto de centro de este curso 2023-2024 "LIBRIÑOS AO MAR"

Premede na imaxe para ver o vídeo

Facemos mesturas!

Ola familias! Aquí deixamos algunha foto dunha das mesturas que fixemos nos últimos días!

MOCHILA VIAXEIRA DE 5º

Hoxe, 7 de novembro, a mochila viaxa a casa de Maya!

Disfrutádea familia!

 

A horta de Lola: Novembro

Na clase de quinto limpamos  e recollemos os cultivos que non aguantan o frío do inverno e despois plantamos coliflor. Ademais tocounos coller a semente do pemento, buscamos  no seu interior para sacala e deixala secar. Quedou gardada nun bote ata a primavera.

Samaín

Aquí deixamos imaxes de algunhas propostas realizadas estes terroríficos días e mais do guapas e guapos que viñemos ao cole este 31 de outubro día de samaín!

 

MOCHILA VIAXEIRA DE 5º

Hoxe 25 de outubro a mochila viaxeira comeza a súa andaina na casa de Gala!

Disfrutádea familia!

Plantación de Tulipáns!

Ola familias! Este mes de outubro, a ratiña Lola trouxo bulbos de tulipán para plantar en macetas e decorar a nosa horta!

Algunhas actividades dos últimos días

PARABÉNS MAYA!

Hoxe festexamos o aniversario de Maya que cumpriu as súas primeiras 4 voltas ao sol o pasado 12 de outubro. Primeiro cantamos e recordamos como foi evolucionando e conseguindo facer, co paso do tempo, mais e mais cousas ata chegar a ser a "nena grande" que é agora. Despois invitounos a un biscoito riquísimo de chocolate e a zume de laranxa. Moitos parabéns Maya!

Distribuir contido


by Dr. Radut