Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

5º E.I. (4 ANOS)

Parabéns Breo!

Hoxe festexamos o aniversario de Breo. Fixemos unha viaxe ao longo das 4 voltas ao sol que cumpriu o pasado sábado! falamos de cada unha das aprendizaxe que foi acadando ao longo destes 4 anos! Parabéns Breo!

Merendamos no patio!

Aproveitando estes últimos días de bo tempo, antes de meternos de cheo no outono, estamos saindo a merendar no exterior, disfrutando así do aire puro e os quentiños raios de sol.

Que ben o pasamos compartindo estes momentos!

 

FELIZ ANIVERSARIO HUGO!

Hoxe celebramos a 4ª volta ao sol de Hugo! Cantamos e recordamos viaxando ao longo destes 4 anos todos os logros que Hugo foi conseguindo co paso do tempo. Despois festexamos e comemos tarta de chocolate! Moitos parabéns Hugo!

 

Primeiros días!

 

Ola familias! Aquí deixamos algunhas imaxes destes primeiros días, xogando, experimentando, lembrando espacios e materiais do cole, así como recuperando lazos afectivos e coñecendo aos nov@s compis que nos acompañan este ano na aventura deste curso escolar. Esperamos que vos gusten! Saudiños!
 
 
 

ALMORZOS SAUDABLES. COCIÑAMOS CON ROSA (NAI DE MAYA)

AGASALLO DÍA DA FAMILIA

ALMORZOS SAUDABLES. COCIÑAMOS CON MARTA (MAMÁ DE BREO)

ALMORZOS SAUDABLES: ZUME DE LARANXA!

ALMORZOS SAUDABLES: GUACAMOLE!

ANIVERSARIO GALA

Distribuir contido


by Dr. Radut