Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Actividades

A HORTA DE LOLA: ABRIL

O venres 26 tivemos obradoiro na Horta de Lola

Os nenos e nenas de 3 anos plantamos leitugas no bancal e tamén fixemos sementeiro de xudías.

Na clase de 4 anos ulimos as aromáticas que temos na horta: tomento e albahaca e tamén plantamos tomate e albahaca (que é o seu cultivo asociado)

Os maiores de 5 anoslimpamos a horta de herbiñas e botamos compost, despois Colleitamos porros e follas de brécol

ATA A SEGUINTE!

 
 
 

A HORTA DE LOLA: marzo

O pasado venres tivemos o derradeiro obradoiro mensual do trimestre na Horta de Lola

As chicas e chicos de 3  anos fixemos sementeiro de xudía e plantación dos xirasois que tiñamos xerminando dende o mes pasado! E ademais estivemos regando os cultivos que xa están crecendo nos bancais

Á clase de 4 anos toucounos abrir a composteira e peneiramos o compost para empregar como abono natural nos nosos cultivos. Tamén fixemos sementeiro de pementos

Os maiores de 5 anos fixemos limpeza dos bancais e plantación de tomate

ATA A SEGUINTE!

 

A HORTA DE LOLA: Febreiro

A semana pasado o tempo por fin deu un acougo e deixounos sair á HORTA DE LOLA

Os nenos e nenas de 4º fixemos sementeiro de pipas de xirasol e plantamos patacas.

Os de 5º tamén fixemos sementeiro, pero dos pementos vellos colleitados en outono, e ademáis plantamos patacas no bancal de arriba que tiñamos baleiro.

Os rapaces e rapazas de 6º plantamos verzas e botamos compost ao redor, e ademáis estivemos repasando todas as hortalizas que temos ou tivemos plantadas nalguna ocasión na nosa horta. 

  

A HORTA DE LOLA (decembro)

Este mes de decembro como actividade asociada á Horta de Lola plantamos sementes de amor. Falamos da importancia de sementar moito amor para loitar contra a violencia no mundo. Primeiro escribimos as palabras e despois as plantamos nunhas xardiñeiras preciosas que primeiro decoramos.

O teu navegador non soporta este vídeo.

A HORTA DE LOLA (novembro)

Este mes de novembro os nenos e nenas de 4º aprendimos que cousas podemos plantar na horta e que cousas non, agora xa sabemos que na horta so van os cultivos pequenos. Plantamos brécoles.

Na clase de quinto limpamos  e recollemos os cultivos que non aguantan o frío do inverno e despois plantamos coliflor. Ademais tocounos coller a semente do pemento, buscamos  no seu interior para sacala e deixala secar. Quedou gardada nun bote ata a primavera.

Os maiores de 6º limpamos e plantamos novas plantiñas que aguantan a choiva coma os allos porros. Ademais collemos a semente do pepino, para iso cortamos o cogombro, sacamos semente e deixamos secar.

 

A HORTA DE LOLA (outubro)

Ola familias! Este mes de outubro, a ratiña Lola trouxo bulbos de tulipán para plantar en macetas e decorar a nosa horta!

A HORTA DE LOLA (setembro)

E por fin empezamos de novo a coidar a Horta de Lola. Este mes de setembro os nenos e nenas de 3 anos coñecemos a horta e aproveitamos para recoller algunhas das fresiñas que medraron durante o verán. Os peques de 4 saímos a regar para que algunhas das plantacións que temos (cabazas, pepinos e fresas) non deixen de medrar. Na aula de 5 anos colleitamos os últimos pementos e tomates da tempada!

A HORTA DE LOLA: SETEMBRO

O VENRES 29 DE SETEMBRO FOMOS A HORTA DE LOLA: APAÑAMOS PEMENTOS, TOMATIÑOS E AMORODOS, REGAMOS OS BANCAIS, E PLANTAMOS UN NOVO ARBUSTO DE FRISALIS.

A HOTA DE LOLA: XUÑO

EN XUÑO APAÑAMOS AS PATACAS QUE PLANTARAMOS NO BANCAL DE ARRIBA E MAIS PLANTAMOS PEPINOS.

CANTO NOS GUSTA IR Á HORTA DELOLA !

 

OBRADOIRO DA HORTA DE LOLA 6º- MES DE MAIO

O ALUMNADO DE 6º ESTIVEMOS APRENDENDO SOBRE OS CULTIVOS DE VERÁN E INVERNO.

CANDO SE COLLEITAN E CANDO SE COMEN.

POR EXEMPLO, O TOMATE, O PEMENTO, A BERENXENA, AS COUSAS DE FROITO SON DE VERÁN E AS COLIFLORES, BRÉCOLES E REPOLOS SON DE INVERNO.

ADEMAIS, ESTIVEMOS DE COLLEITA... COLLIMOS PATACAS!

Distribuir contido


by Dr. Radut