Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

5º E.I. (4 ANOS)

FELIZ ANIVERSARIO, LEYRE!

O xoves 18 de abril foi o aniversario de Leyre,  a súa 5ª volta ao sol. Xiramos ao seu redor e recordamos as cousiñas que foi aprendendo a facer ao cabo destes anos. Despois invitounos a biscoito e outras lambetadas! Que rico! Moitos parabéns Leyre!

 

Mochila Viaxeira de 5º

Hoxe, 16 de abril, a mochila viaxeira vai a casa de

Nahia

Disfrutádea familia!

 

 

FELIZ ANIVERSARIO ENZO!

Hoxe celebramos o aniversario de Enzo, que foi o pasado 04/04. Xiramos as súas 5 primeiras voltas ao sol e recordamos as cousiñas que foi aprendendo a facer ao cabo destes anos.

Moitos parabéns Enzo!

 

2 de abril. Día do libro infantil e xuvenil e Día de concienciación do Autismo. Contacontos con Xérmola

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL E O DÍA DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO, CUNHA SESIÓN CONTACONTOS DA MAN DE XÉRMOLA.

ACTIVIDADE OFERTADA POLO CONCELLO DE NIGRÁN.

QUE BEN O PASAMOS!!!

Pincha na imaxe para ver o vídeo

 

 

Mochila Viaxeira de 5º

Hoxe, 3 de abril, a mochila viaxeira vai a casa de

Breo

Disfrutádea familia!

 

 

A HORTA DE LOLA: marzo

O pasado venres tivemos o derradeiro obradoiro mensual do trimestre na Horta de Lola

Á clase de 4 anos toucounos abrir a composteira e peneiramos o compost para empregar como abono natural nos nosos cultivos. Tamén fixemos sementeiro de pementos

ATA A SEGUINTE!

Pincha na imaxe para ver o vídeo


21 DE MARZO- DÍA DA POESÍA

PREME NA IMAXE PARA VER O BEN QUE O PASAMOS CELEBRANDO ESTE DÍA

Mochila Viaxeira de 5º

Hoxe, 19 de marzo, a mochila viaxeira vai a casa de

León

Disfrutádea familia!

 

LIBRIÑOS AO MAR: Reto nº 5: As profesións do mar. Redeira

Para conmemorar o Día da Muller, o 8M tivemos no centro a unha muller traballadora do mar. Rosalía, redeira

Pincha na imaxe para ver o vídeo

Distribuir contido


by Dr. Radut