Skip to Content

NOVAS ENTRADAS E SAÍDAS PARA O CURSO 2023-24

Estimadas familias:

-    O horario de entrada será de 9,00 h a 9,05 h.

-  O alumnado que chegue fora desde horario accederán a Escola pola porta principal.

Para evitar aglomeracións temos diferentes entradas e saídas a Escola dependendo do grupo de alumnado.

  • Alumnado de 3 anos da mestra Susana Santos e Ester Ojea (Grupo 4ºA e 4ºB). Entrada pola porta do Paseo de Valle Inclán (non entrada principal, cancela pequena). Estará aberta 5 minutos antes das entradas e saídas.
  • Alumnado de 3 anos da mestra Iria Boga (Grupo 4ºC). Entrada pola porta principal (mural tren). Estará aberta 5 minutos antes das entradas e saídas.
  • Alumnado de 4 anos da mestra Marta Muñiz (Grupo 5ºA). Entrada pola porta principal (mural tren). Estará aberta 5 minutos antes das entradas e saídas.
  • Alumnado de 4 anos da mestra María Martín e Begoña (Grupo 5ºB e 5ªC) entrada pola porta pequena de Campologo situada ao carón do carballo (non entrada principal, cancela pequena). Estará aberta 5 minutos antes das entradas e saídas. 
  • Alumnado de 5 anos da mestra Chus (Grupo 5ºC). Entrada pola porta principal (mural tren). Estará aberta 5 minutos antes das entradas e saídas.
  • Alumnado de 5 anos das mestra Anita e Maipi  (Grupos 6ºB e 6ºC). Accederán pola entrada das pistas do CEP Campolongo.  Estará aberta 5 minutos antes das entradas e saídas.

*OS PRIMEIROS DÍAS TEREMOS CARTEIS IDENTIFICATIVOS NAS ENTRADAS ESPECIFICANDO O GRUPO PARA FACILITAR O ACCESO.*

Lembramos que para facilitar a saída do alumnado as familias deberán axilizar a recollida dos nenos/as.

Agradecemos a súa colaboración. 

Un saúdo.



blog | by Dr. Radut