Están admitidos provisionalmente todos os solicitantes. A listaxe provisional pode consultarse no archivo adxunto.
A listaxe definitiva será publicada antes do 15 de maio de 2018.
A matrícula do alumnado realizarase entre o 20 e o 30 de xuño de 2018.
Comeza o proceso de admisión do alumnado para o curso 2018/2019.
CALENDARIO:
Presentación de solicitudes: Do 1 ao 20 de Marzo.
Resolución provisional: As listaxes provisionaisde alumnado admitido e non admitido publicaranse con anterioridade ao 25 de abrile poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
Resolución definitiva: As listaxes definitivasde alumnado admitido e non admitido publicarase con anterioridade ao 15 de maio, e poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Formalización de matrícula: Do 20 ao 30 de xuño.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
Anexo II: o formulario normalizado (ED550B)será facilitado gratuitamente na sede do C.R.A. (situada na escola de Taraza) ou en calquera das escolas do C.R.A. e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación.
As solicitudes de admisión, presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado» https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
Tamén poderán presentarse de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción.
A solicitude entregaráse no centro que se solicite en primeiro lugar.Estará asinada polo pai e pola nai ou polos titores legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar a resolución xudicial correspondente.
Cada solicitante presentará unha única solicitude.
DNI ou libro de familia,para acreditar a data de nacemento. Certificado de escolarización, en casos de traslado de centro.
DNI dos paisou titores legais.
Copia da tarxeta sanitaria.
Certificado de empadroamento
Se os pais optan a unha praza para alumnado con n.e.a.e. achegarán a documentación pertinente.
A documentación presentaráse na sede do CRA de Valdoviño (Escola de Taraza 1º andar)
TODA A DOCUMENTACIÓN DEBERÁ SER ORIXINAL OU COPIA COTEXADA
O horario de atención ao público é de luns a venres de 09:30 a 11:10 h.
NORMATIVA APLICABLE
Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG 26 de decembro de 2012) pola que se regula a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos
Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013) pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos
Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro de 2017) pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013
¡
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO PARA O CURSO 2017-2018
1)NORMATIVA APLICABLE
Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG 26 de decembro de 2012) pola que se regula a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos
Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013) pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos
Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro de 2017) pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013
2) DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
Anexo II : o formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente na sede do C.R.A. (situada na escola de Taraza) ou en calquera das escolas do C.R.A. e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación.
As solicitudes de admisión, presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado» https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción.
Cada solicitante presentará unha única solicitude. A solicitude entregarase no centro que se solicite en primeiro lugar.
Asinado polo pai e pola nai ou polos titores legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar a resolución xudicial correspondente.
DNI ou libro de familia, para acreditar a data de nacemento. Certificado de escolarización, en casos de traslado de centro.
DNI dos pais ou titores legais.
Copia da tarxeta sanitaria.
Certificado de empadroamento
Se os pais optan a unha praza para alumnado con n.e.a.e. achegarán a documentación pertinente.
TODA A DOCUMENTACIÓN DEBERÁ SER ORIXINAL OU COPIA COTEXADA
3) PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
1 DE MARZO ao 20 DE MARZO (ambos inclusive) na SEDE do C.R.A. (Na escola de Taraza 1º andar) en horario de Secretaría.
O horario de atención ao público é o luns de 09:30 a 11:00 h.e de martes a venres de 09:30 a 10:20 h.
4) RESOLUCIÓN PROVISIONAL E DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS
As listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido publicaranse con anterioridade ao 25 de abril e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
As listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido publicarase con anterioridade ao 15 de maio, e poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
5) FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
PRAZO ORDINARIO para E. INFANTIL E PRIMARIA do 20 ao 30 de xuño
O CRA "O ESQUÍO" DE VALDOVIÑO comezou a súa andadura no Curso 1989/ 90, así que podemos celebrar os nosos...