Inglés

Welcome to the English corner!

Benvidos/as á Área de Lingua Estranxeira! Aquí irán aparecendo información, noticias e outros temas de interese relacionados con esta lingua. Este espazo está á disposición de toda a comunidade educativa, e calquera dúbida ou comentario serán ben recibidos! Este é o correo electrónico da mestra de inglés durante o curso 2012-2013: teachermariluzalonso@gmail.com

BLOGUE DE INGLÉS

Estreamos blogue de inglés! Xa está creado e pouco a pouco irá amosando o que estamos a facer nas distintas escolas. Para visitalo só hai que premer na seguinte imaxe:

Materiais de inglés á vosa disposición

Gustaríame poñer a disposición das familias e dos nenos/as o material (cantigas, vídeos, enlaces, imaxes, etc.) co que traballaremos en inglés durante o curso 2012-13. Se estades interesados/as:

  • se contades cunha dirección de correo electrónico: enviade un e-mail á seguinte dirección: teachermariluzalonso@gmail.com, indicando o nome do voso fillo/a e a escola á que pertencedes.
  • se non tedes conta de correo electrónico, pero sí ordenador (é imprescindible), podo gravar a información nunha memoria usb ou nun cd/dvd. Falade comigo (ou deixade un recado ao titor/a) e vemos como podemos facer.

En breve, este material estará tamén á vosa disposición na Aula Virtual.

Libros de texto curso 2012-13

Libros de texto do curso 2012-13 na ÁREA DE INGLÉS:

EDUCACIÓN INFANTIL: non utilizaremos libro de texto.

EDUCACIÓN PRIMARIA: utilizaremos os seguintes libros de texto:

  • 1º Primaria: non utilizaremos libro de texto.
  • 2º Primaria: Bugs World 2 (Pupil's Book) Macmillan (ISBN 9780230718999)

Back to school!

 

Comeza un novo curso para todos e todas. Atoparémonos de novo nas escolas, e incluso coñeceremos a novos nenos e mestres. Á volta da esquina hai novas ideas, novos materiais, renovadas ilusións... Verémonos nas aulas a partir do día 12, espero que con ilusión e con moitas ganas de seguir aprendendo!

Distribuir contido