Skip to Content

PROCESO DE MATRÍCULA 23-24

 

Comeza o prazo para formalizar a matrícula no CRA!

Dende o 20 ata o 30 de xuño, poderase matricular ao alumnado admitido no proceso de admisión no curso 2023-2024.

Os días 20 e 21 pódese facer entrega da documentación en calquera das tres escolas en horario de 9:30h. a 14:30h (previa chamada telefónica).

Teléfono dirección: 623105879

Dende o día 22 ata o 30 de xuño, poderase entregar a documentación na sede do CRA (Escola de Taraza), en horario de 10:00h. a 13:00h.

A documentación necesaria é:

- Formulario de matrícula cuberto (adxuntado)

- Tarxeta sanitaria do alumno/a.

- Fotocopia do libro de familia.

- DNI dos proxenitores/as e do alumno/a, de ser o caso.

- Declaración xurada da patria potestade no caso de separación ou divorcio.

- 2 fotos do alumno/a.

*A documentación que xa fose entregada no proceso de admisión non fai falta volver a entregala.

 

 

AdxuntoTamaño
Documento de matrícula.pdf77.47 KB


page | by Dr. Radut