Skip to Content

Novas

Vídeo promocional 2021

Imprescindible solicitar cita previa. Datos de contacto.

 

 

Solicitude de Reserva para centros adscritos

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

* Este plazo de reserva está dirixido a alumnos que cambian de etapa ou agotan as posibilidades  no centro actual e pasan a un centro adscrito, non para alumnos que continúan no mismo centro nin soliciten traslado sin rematar etapa (Ed. Infantil, Primaria, ...).

Orde de distribución de máscaras primaria...

Aos alumnos que contan con axudas de material escolar da Xunta as máscaras seranlles asignadas de xeito directo, polo que non precisan tramitar a solicitude
Unicamente terán que formalizar a solicitude os alumnos que reúnen os requisitos de renda aínda que non seu día non solicitaran as axudas de material escolar
Con cargo ao fondo de Reserva de Garantía Educativa, dotado con 7 millóns de euros, os centros poderán adquirir todas as máscaras necesarias para atender ás familias que máis o precisen durante este curso
 
 
Ven, 13/11/2020 - 13:07

A Xunta de Galicia vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras hixiénicas entre o alumnado matriculado nas etapas de Primaria, ESO e Educación Especial dos centros sostidos con fondos públicos que máis o necesite.

Tal e como establece a convocatoria, todos os alumnos que contan con axudas de material escolar da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no presente curso 2020-21 serán beneficiarios directos das máscaras, polo que neste caso non terán que formalizar ningunha solicitude.

O resto do alumnado −aínda que non conte con axuda de material escolar− tamén poderá beneficiarse do subministro de máscaras sempre que reúna o requisito de renda per capita igual ou inferior a 6.000 euros. Así mesmo, disporán de máscaras os alumnos que, independente da renda da unidade familiar, estean matriculados nun centro de Educación especial, suxeitos a garda ou tutela da Xunta de Galicia, ou teñan unha discapacidade igual ou superior ao 65%. En todos estes casos, para poder beneficiarse do reparto de máscaras, é obrigado que tramiten a correspondente solicitude, cuxo prazo para formalizala permanecerá aberto desde o luns día 16 ata o 27 de novembro.

Tendo en conta os criterios xa aplicados para as axudas ao material escolar, a previsión é que se beneficien do reparto gratuíto de máscaras de protección durante todo o curso escolar arredor de 100.000 alumnos de centros sostidos con fondos públicos.

Os encargados da adquisición e reparto de máscaras serán os propios centros educativos, seguindo o procedemento análogo que realizan anualmente co reparto das axudas de material escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut