Skip to Content

ESCOLA DE FAMILIAS

Esta semana tivemos na Escola de Taraza a primeira xuntanza do CRA de Vadoviño da:

ESCOLA DE FAMILIAS 22/23!!

A nosa compañeira Lidia, do CEIP Vila de Rutis en Culleredo, acompañounos para mostrarnos unhas pequenas pinceladas do MÉTODO ABN, o cal  empregan os nosos alumnos e alumnas todos os días para aprender Mates na escola.

Xa estamos iniciados no xogo das mates para acompañar os nosos nenas e nenos na súa aprendizaxe dende casa!

Pero ATENTOS! Isto acaba de comezar, xa sabedes: "unha vez que coñeces ata o 10 as posibilidades son infinitas"

Moitas grazas a todas as familias das tres escolas porla participación e pola implicación!

VÉMONOS NA SEGUINTE



page | by Dr. Radut