Lago

Presentación

Un novo curso estamos eiquí!!!  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Este curso estamos na escola 13 nenas e nenos: Montxo, Gael, Antía Gutiérrez, Elena, Marta, Mateo Bacorelle, Ainara, Lucía, Mauro, Jimena, Lía, Tania e Alba. Fóronse a Atios: Candela, Antía Dosil e Yasmín. Mandámolles moitos bicos!!! Entraron novos: Jimena de 4 anos e Tania e Alba de 3 anos, Benvidas!!!.

No bus sigue vindo Elena.

Sabela Díaz R. sigue sendo a titora, María Rodeiro a profe de música, Xan García Yáñez o profe de Educación Física, Benxa García Taracido o profe de Inglés e Oscar Calvo de relixión católica. Menos María, que tamén é titora en Vilarrube, os demais tamén nos apoian algo.

 Non están xa nin Mateo López Robles, nin Mariana González Beceiro, nin Marcos López Maceiras e mandámoslles moitos bicos!!!

Este ano xa non funcionan as escolas de Vilaboa e A Carreira e dános moita mágoa. É unha tristura que se pechen escolas.!!!!

http://escoladelagocraesquio.blogspot.com.es/  desde setembro 2012  as actividades do horario escolar

http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/ nas actividades fora do horario lectivo, desglosadas desde abril 2012.

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com.es/search/label/ESCOLA%20DE%20LAGO

denttro de  http://obloguedocraesquio.blogspot.com/ desde maio 2010 ata xuño do 2012, as de lago están dentro do blogue de todo o CRA e o nome das nosas entradas está pinchando en Escola de Lago.

 

http://www.ivoox.com/podcast-dalle-dalle-nas-ondas_sq_f140058_1.html da radio desde 2011, e das nosas gravacións.

 .............................................................

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Este curso estamos na escola 13 nenas e nenos: Candela, Antía Dosil, Yasmin, Montxo, Gael, Antía Gutiérrez, elena, Marta, Ainara Lucía, Mauro e Lía. Fóronse a Atios Xeila e Mateo. Mandámoslles bicos!!!. Viñeron: Ainara, Lucía, Mauro e Lía de 3 anos, Ben vidos!!!!. No bus sigue vindo Elena.

 Sabela Díaz Regueiro sigue de titora, Xan García Yáñez profe de Educación física, Benxa Abel Gacía Taracido, de Inglés, María Rodeiro de música pero no primeiro trimestre a sustitueu Mateo López Robles e despois de Xaneiro apoiounos algo Mariana González Beceiro- De relixión sigue Óscar Calvo. 

Desde finais de abril, Marcos López Maceiras sustitueu a Sabela, que estivo accidentada e de baixa ata final de curso. 

 

......................................................................................................................

 Este curso estamos 11 de  3 a 7 anos: Xeila, Mateo Santiago, Candela, Antía Dosil, Yasmín, Montxo, Gael, Antía Gutiérrez, Elena, Marta e Mateo Bacorelle. Fóronse Sabela Graña, Sara, Alba, Gabriel e Miguel, para os 5 mandamos moitos bicos!!!!!!. Chegou Montxo, Gael e Mateo Bacorelle que se integraron sen problema formando entre todos un grupo moi tranquilo. Benvidos!!!!! 

No bus sigue vindo Elena.

A titora sigue sendo Sabela, Cris sigue facendo Contacontos, Xan sigue dándonos Educación Física e algún apoio, María sigue con música pero como está embarazada (Noraboa María!!!) deseguida veu sustituila Ana, de inglés foise Mariluz (moitos bicos Mariluz!!!!!) e veu Mary que nos apoia tamén algo. A Mary e a Ana dámoslles a benvida e desexamos que todos esteñan contentos coa nosa escola. 

A nosa escola tiña ANPA dende o curso 11-12, e as nais e pais estaban cada vez máis voluntariamente implicados na escola. Durante o curso pasado as demais escolas trataron de ter ANPA tamén e este curso formalizouse unha ANPA de todo o CRA.

Seguimos tendo a posibilidade de que nos vexas, ou escoites, nestes enderezos nosos:

http://escoladelagocraesquio.blogspot.com.es/ nas actividades do horario escolar

http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/ nas actividades fora do horario lectivo.

http://www.ivoox.com/podcast-dalle-dalle-nas-ondas_sq_f140058_1.html da radio todos e todas un curso máis

Tamén nos podes ver esporadicamente noutros enderezos como en

http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=content/ga%C3%B1adores-e-ga%C3%B1adoras-dos-concursos-do-iv-d%C3%AD-da-ciencia-en-galego

 As caracteristicas da nosa escola están contadas máis abaixo, desde que se creou esta páxina. Mira ata o final!!!!

  ......................................... 

Este curso somos 13 nenas e nenos de 3 a 7 anos, viñeron novas: Antía Gutiérrez, Elena e Marta. e non se foi naide, seguimos todos os do curso anterior. Sigue a nosa titora Sabela, Mariluz a profe de inglés, Xan de Educacion física e os 2 apóiannos tamén. Sigue Cris de Contacontos e María veu nova para música. Un bico a todos.

 Este curso iniciamos correspondencia escolar cos de 4º de Primaria do colexio público de Beas de Granada, en castelán, e cos de infantil da unitaria de Carantoña, Vimianzo, e imos iniciar cos de 1º e 2º de primaria de Camelle, con estes 2 en galego.

 A nosa escola ten ANPA dende o curso 11-12, e as nais e pais están cada vez máis voluntariamente implicados na escola.

 Atópasnos con detalle nos nosos blogues: http://escoladelagocraesquio.blogspot.com.es/ nas actividades do horario escolar 

http://dallequedallenaescoladelago.blogspot.com.es/ nas actividades fora do horario lectivo.

 http://www.ivoox.com/podcast-dalle-dalle-nas-ondas_sq_f140058_1.html   da radio

....................................................................................... 

   Ola a todos: este novo curso 2011-12 estamos 10 nenas e nenos de 3 a 6 anos, porque este curso temos tamén 1º de primaria. Viñeron novos: Gabriel, Miguel e Sabela. Agora non están os profesores Roberto e Quique, que estaban o curso pasado. Cris agora é a que nos da a Música e o Proxecto Lector e Xan, que veu de novo ó CRA, danos a Educación Física. 

 Seguimos mantendo correspondencia doa escola unitaria de Vixoi, Bergondo. 

   Polo demais todo é parecido e de momento mantemos a páxina como estaba o curso pasado, engadíndolle algunha novidade, foto  ou enlace.

 

 ................................................................................

 Ola amigos e amigas: hoxe, 4-2-2011 (logo subeuna Sabela o día 6), iniciamos a nosa sección na web e empezaremos por presentarnos.

 

 Este curso estamos Alba e Sara de 5 anos, Mateo e Xeila de 4 anos e Antía, Candela e Yasmín de 3 anos, Sabela é a titora, Mariluz a profe de Inglés e de apoio, Quique o profe de Educación Física e de Animación á lectura, Roberto de Música e Oscar de Relixión.

  Nós somos de Lago: Mateo, Antía e Xeila. De Meirás: Sara e Alba. De Valdoviño: Candela e Yasmín. Sabela é de Ferrol e Mariluz de Verín, que está moi, moi lonxe e por iso tivo que alugar un piso en Ferrol. Os demais profes que temos son todos  da zona de Narón. 

    Veñen e van no bus Alba e Sara polo que chegan antes e normalmente vanse despois. Ós demais imos e vimos con alguén das nosas familias.

 Esta é a nosa escola, está no edificio da AVV de Lago, unha das parroquias do Concello de Valdoviño.

    Temos clase de 9 e media a 2 e media.

 Hai un parque, unha pista e un salón de actos moi grande, todo ó ladiño, que podemos disfrutar.

   Diante da escola temos un patio pequeno con horta (unha parte ten morangos, que ricas son as fresas!, noutras zonas imos variando pero no verán quedan crecendo as cabazas para o Samaín), zona de xardín (unha parte ten plantas aromáticas e noutra flores)  e un pequeno areeiro no que xusto estes días xogamos aproveitando que non vai tanto frío nin chove. Estamos a facer un mural na parede exterior, cun pesegueiro nas 4 estacións. Tamén estamos  preparando a horta e o xardín para plantar de novo. Xa puxemos moitos bulbos que nos trouxo Sabela da súa terraza. Dela tamén nos trouxo unhas xardiñeiras grandes nas que xa temos plantadas cousas pero aínda temos que pintar as xardiñeiras de cores ledos...

        Mandáronnos en xaneiro unha pizarra dixital, por fin!!! Ían mandala xa hai varios  cursos... Pero aínda non está todo preparado para poder usala, e nós estamos rabiando por traballar nela!!!!  Aclaración en maio 2011: O 10 de marzo os pais de Antía nos instalaron o programa e xa poidemos facer cousas nela por iso o 14 de marzo foi a gran estrea e desde entón a usamos sen parar para as rutinas e algunha cosa máis... Suso, da consellería, veulle a instalar un programa mellor e a darlle explicacións do uso a Sabela e a outros profesores , o 13 de abril. O día 20 de abril os pais de Antía instaláronnos o programa de Edi-lim para poder usar traballos que tiña preparados Sabela e que usábamos no outro ordenador. Sabela preparounos cadernos na pizarra e agora traballamos nela arreo, con Sabela e con Mariluz, cando apoia. Tamén, polas letras galegas fixemos traballos preparados por outros centros, porque os teñen en Internet.

     Na escola temos ordenadores e todos os días escribimos  e traballamos neles por turnos. Rechíflanos escribir no ordenador !!!  E facer as rutinas!! E xogar no Pipo e cos outros xogos educativos!!!


 Temos moi boa conexión a Internet, é a da AVV de Lago e podemos enviar e recibir correos-e, consultar en Internet e escribir e ver diariamente no blogue e agora tamén na web. Temos sorte!!!

      Participamos con todo o CRA nas saídas  (fanse polo menos 3 excursións no curso e vaise a algunha obra de teatro á Casa da Cultura), encontros (polo magosto, día da Paz, Antroido e Letras Galegas, polo menos) e actividades, por exemplo normas simpáticas a cumplir na semá anterior do antroido, facer un conto viaxeiro, traballar un tema durante o curso, como a auga, a terra ou neste curso o aire, facer as comparsas do antroido dentro do mesmo tema e cada escola reflexando un aspecto, como o ano pasado que fomos todos de peregrinos pero cada escola traballou e reflexou un dos camiños a Santiago ou neste curso que imos todos de cousas que voan e uns van de papaventos, outros de xoaniñas, cabaliños do diallo, muiños de vento... e nós de pilotos de globos aerostáticos... etc, etc.

 Os xoves pola tarde Sabela danos unha extraescolar voluntaria na que facemos teares, bonecos, etc e xogos populares… En setembro e primeiros de outubro ,e logo en xuño, a extraescolar facémola percorrendo e visitando cousas interesantes da zona. Con nós veñen exalumnos e inmáns, e nas saídas tamén familiares.     

 Mantemos correspondencia escolar coa escola de Vilaboa , tamén deste CRA, desde hai 4 cursos e tamén desde hai 3 coa escola de Vixoi, do CRA de Bergondo.

 Facemos os festivais de Nadal e de fin de curso, en Lago. Neles actuamos con moitas cousas, unhas en grupo e outras  individuais. En Nadal  facemos un Belén Vivinte  cheo de diálogos e panxoliñas, a representación coas nais da noite do Apalpador,ademais de varios dos rituais de perxonaxes dos mitos do Nadal europeo e a festa coas familias. O de fin de curso facémolo con cantigas, pezas de teatro e moitas danzas. Ese día comemos todos xuntos e coas familias.

 Tamén actuamos no festival da AVV de Meirás con algunhas panxoliñas ou como este ano coa representación cantada do romance do peregrino Gaiferos.

 Na nosa escola aprendemos Braille, é un código de lecto-escritura para persoas cegas ou que ven pouco. Aprendémolo porque é moi interesante e divertido, hai que fixarse moito nas posicións e espabílanos...

 En decembro fomos invitados ó programa de radio Pequenos Monstros de Radio Filispim que é unha radio libre de Ferrol. Ese día batimos record de asistentes nesa radio. Para as nais e pai que nos acompañaron tamén era o seu primeiro día na radio. Estando alí chamounos o Apalpador e quedamos sen fala!!! Despois ofrecéronnos facer nós un programa propio e aceptamos facer un ó mes con nós, nais e pais, avós e avoas e bisavós e bisavoas falando sobre un tema dos que traballamos na escola e polo que parece é unha idea que resultou ser nova. En febreiro fixemos o primeiro programa e foi sobre a Paz e en marzo sobre as tradicións do Antroido. Nelas xa participaron unha avoa e unha bisavoa de cada vez e nais. Un pai e unha nai controlan os aparatos da radio  pero de momento temos a Iago (un compañeiro de Radio Filispim máis experimentado) que nos apoia mentras eles non se manexen totalmente ben con eles e estamoslle moi agradecidos. O noso programa chámase "Dalle que Dalle nas Ondas"

  a día 12-5-11 aclaramos:  en abril fixemos outro programo sobre as fextas e actividades cíclicas do ano, en maio facemos outro sobre a lingua e cultura galega...

  Outras actividades: o día dos avós, polas letras galegas, agasallamoslles cousas feitas con nós e recollemos cousas que nos contan.

 fabricamos cousas como xabrón ou auga de colonia, etc.

  facemos experimentos de ciencia e participamos con outros centros no día da ciencia en galego.

  facemos textos libres,

 facemos entrevistas

 traballos sobre as visitas ou saídas.

 ler e escribir en galego e en castelán e tamén temos inglés,

 murais,

  ir un día á casa da titora, por grupos,

 facer números e contas usando moitos tipos de materiais para facelo de xeito que o vexamos moi craro mentras manipulamos obxetos e fichas que nos axudan a entendelo moi ben.

 facemos moitos traballos en equipo,

 participamos en programas de axuda ós paises máis pobres,

 co tema dos animais visitamos pero tamén traemos animais á escola,

 criamos eirugas da seda,

 seguiremos contando...

 O que máis nos gusta Pois gústanos todo o que facemos e Mateo dí que un pouco máis o braille...

  Escribimos todo isto nós, a cachiños cada un.  A primeira parte escríbímola nun arquivo para que Sabela probara a subila copiando o que puxemos pero logo xa imos completando esta presentación directamente na web. Seguiremos contando ata rematala.

  X <!-- @page { margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } -->

 Xa temos un blogue desde maio 2010, o enderezo é:

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/

  pinchando á dereita, en ESCOLA DE LAGO,

 Aí podedes mirar moitas cousas que xa contamos!!!

  Dentro de ESCOLA DE LAGO e  indo sucesivas veces a Entradas Antiguas podedes chegar a ver todo o que contamos desde o inicio dese curso 10-11,  para ir directamente a cada unha das entradas:

 Curso 2011-11: van 44 entradas desde o inicio.

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2011/11/escola-de-lago-novembro-2011.html 

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2011/11/escola-de-lago-sema-da-ciencia-en.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2011/10/escola-de-lago-setembro-2011.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2011/09/escola-de-lago-setembro-2011.html

 <!-- @page { margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } A:link { so-language: zxx } -->

 van 40 entradas:

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2011/07/lago-xullo-2011.html

 curso 2010-11: van 39 entradas

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2011/06/lago-xuno-2-2011.html  

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2011/06/lago-xuno-2011.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2011/05/lago-maio-2011.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2011/04/lago-abril-2011.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2011/03/lago-marzo-2011.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2011/02/lago-febreiro-2011.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2011/01/xaneiro-2011.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/12/decembro-2010.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/11/o-resto-de-novembro-2010.html

 van 30 entradas:

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/11/sema-da-ciencia-en-galego.html

http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/10/outubro-2010.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/09/setembro-2010.html  

 curso 09-10 con 27 entradas 

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/07/o-venres-dia-18-de-xuno-fixemos-o.html 

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/06/o-22-de-xuno.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/06/excursion-santiago-o-21-de-xuno.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/06/pola-mana-tivemos-unha-visita-moi.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/06/os-de-5-anos-en-ferrol-o-16-6-10.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/06/animais.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/06/o-nadal.html

 van 20 entradas:

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/06/o-nosa-horta-e-xardin.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/06/temos-moitos-profes-e-colaboradores.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/06/experimentos-o-ph-da-terra.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/06/o-tren-de-pedroso-ortigueira.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/06/conecendo-o-noso-medio-saidas-dos-xoves.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/06/maqueta-da-capela-de-santo-tome-de.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/06/o-periodo-de-adaptcion-dos-que-van.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/06/onte-fomos-granxa-da-avoa-de-xeila.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/06/outros-aspetos-do-antroido.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/06/comparsa-de-peregrinos.html

  van 10 entradas:

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/06/paz.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/05/o-dia-do-libro-no-cra.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/05/letras-galegas-no-cra-21-5-2010.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/05/aprendemos-braille.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/05/as-eirugas-da-seda.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/05/visita-de-todo-o-cra-o-porto-de-ferrol.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/05/excursion-do-13-4-2010.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/05/cousas-rematadas-2.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/05/cousas-rematadas-1.html

 http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/05/ola-visitantes-navegantes.html

 Téñennos ligados, para vernos coa semá da ciencia, en varios lugares de Internet e en medio de moitos centros de Primaria e Institutos.
http://www.cienciaengalego.org/
baixando un pouco vense fotos co noso tetraedro (voando ese papaventos na pista de Lago), e di algo así como que en infantil tamén coñecen o tetraedro e os pais tamén...
se pinchamos nas fotos sae a nosa entrada  da semá da ciencia en galego, no noso blogue:
http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/11/sema-da-ciencia-en-galego.html
se volvemos a http://www.cienciaengalego.org/
no apartado de ligazóns:
http://www.cienciaengalego.org/ligazons.htm
buscade
http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/11/sema-da-ciencia-en-galego.html
pinchade e sae a nosa páxina de novo.

en facebook
http://es-es.facebook.com/posted.php?id=111486615577076&start=50&hash=e6fdcdf010dce970cc96d2b46b8bbc8c
buscade nos listados
http://obloguedocraesquio.blogspot.com/2010/11/sema-da-ciencia-en-galego.html
pinchade e sae de novo.

 2011-12:  http://www.cienciaengalego.org/drupal6/

 !-- @page { margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } A:link { so-language: zxx } -->

 Nesta web do CRA estamos en:https://www.edu.xunta.gal/centros/cravaldovino/

 Actividades Lago:

 https://www.edu.xunta.gal/centros/cravaldovino/category/1/51 abaixo pinchar en "Leer Máis" para velo todo.

 pero tamén en:

 Galería Lago 09-10:

 http://www.edu.xunta.gal/centros/cravaldovino/galeria/thumbnails.php?album=25

 e ir pinchando nas páxinas seguintes para ver todas as fotos subidas.

 Galería Lago 10-11:

 http://www.edu.xunta.gal/centros/cravaldovino/galeria/thumbnails.php?album=12  

 e ir pinchando nas páxinas seguintes para ver todas as fotos subidas.

 Galería Lago 11-12

 http://www.edu.xunta.gal/centros/cravaldovino/galeria/thumbnails.php?album=30

 e ir pinchando nas páxinas seguintes para ver todas as fotos subidas.  

 en Aula Virtual, "Os Esquíos de Lago"

 http://www.edu.xunta.gal/centros/cravaldovino/aulavirtual/course/category.php?id=5

 iremos poñendo sobre distintos temas da escola   

 O noso conto participando no programa "Marcapáginas de Save the children" o publicaron en:  

 http://blogs.savethechildren.es/embajadores/2011/05/12/el-cuento-de-chantal/ 

 

Distribuir contido