Skip to Content

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

 

Seguindo o Decreto 374/96, do 17 de outubro, polo que se aproba os regulamento orgánico das escolas de educación infantil e primaria e os seus seguintes artículos nos que citan:

No art.41: “dous anos despois de que constituirse o consello escolar con todos os membros, levarase a cabo a primeira renovación parcial do mesmo sendo sustituidos os seguientes membros (en centros de 3 unidades): unha mestra e o representante das familias.

 

Presentado a situación ao claustro, consello escolar e comunidade educativa, a representante do claustro, Lucía Leira Martínez, renova voluntariamente o seu cargo dous anos máis, e a representante das familias, Ana Gesto, renova voluntariamente o seu cargo dous anos máis, quedando a composición do consello escolar, sendo informado o claustro e o consello da seguinte maneira:

 

Presidenta: Paula Curto                                               Secretaria: Vanessa Muiño

Representante do claustro: Lucía Leira                       Representante das familias: Ana Gesto

Representante da ANPA: Cristina Bush                      Representante do concello: Rosana García

 

SORPRESA!!!!

Pero que é isto??? Un esquío apareceu un día calquera polas escoliñas cunha carta para nós e un agasallo en forma de conto. Que nos quererá contar? Resulta que é o esquio da nosa BIBLIOCRA! Espectacular! Ven dende moi lonxe e chega para quedarse, o único que precisa é un nome! Poderemos axudala? CLARO QUE SÍ!

             Poñamos as nosas cabezas en marcha e elixamos un NOME para a nosa esquío!

ESTAMOS ENCANTAD@S!

                       

A NOSA BIBLIOCRA

 

BOAS NOVAS! ARRANCAMOS O CURSO 2022/2023 COA NOSA BIBLIOCRA PREPARADA PARA ACOMPAÑARVOS NUN MONTON DE AVENTURAS, XOGOS E MISTERIOS...

Dentro de moi pouquiño poderemos coñecer a alguén moi especial, anda agochado polas escolas... moito ollo! Podes chegar a velo....

 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 22/23

                         

O Concello de Valdoviño pon en marcha dende hai varios anos diferentes actividades extraescolares tras asumir a organización a instancias da ANPA Beiramar do CPI Atios. Celébranse durante o curso escolar, en horario de tarde, e varían cada ano segundo a demanda. Habitualmente, a programación contempla ximnasia rítmica, psicomotricidade, multideporte, karate, piscina, patinaxe e patinaxe artística.

Para máis información fai "click" no seguinte enlace:

https://www.concellodevaldovino.com/servicios-sociais-en-rede/programas/conciliacion-igualdade-diversidade-e-violencia-de-xenero/actividades-extraescolares/

FONDO LIBROS

A listaxe definitiva da adxudicación do cheque de material e de libros pódese consultar na entrada da sede do cole (Taraza), e na aplicación fondo libros.

A recollida dos cheques será na propia sede os días 20,21 e 22 de xullo, en horario de 11:30h a 14:00h. As familias que non o recollan deberán agardar ata setembro para recibilo.

Para calquera información podese mandar un correo a: cra.valdovino@edu.xunta.gal ou no número de teléfono: 623105879 / 687764258.

FORMALIZACIÓN DE MATRICULA DO ALUMNADO PARA O CURSO 22-23

Comeza o prazo para formalizar a matrícula no CRA!

Dende o 20 ata o 30 de xuño, poderase matricular ao alumnado admitido no proceso de admisión no curso 2022-2023.

Os días 20, 21 e 22 de xuño, pódese facer entrega da documentación en calquera das tres escolas en horario de 9:30h. a 14:30h.

Dende o día 23 ata o 30 de xuño, poderase entregar a documentación na sede do CRA (Escola de Taraza), en horario de 10:00h. a 13:00h, excepto o 24 de xuño por ser festivo.

A documentación necesaria é:

- Formulario de matrícula cuberto.

- Tarxeta sanitaria do alumno/a.

- Fotocopia do libro de familia.

- DNI dos proxenitores/as e do alumno/a, de ser o caso.

- Declaración xurada da patria potestade no caso de separación ou divorcio.

- 2 fotos do alumno/a.

*A documentación que xa fose entregada no proceso de admisión non fai falta volver a entregala.

CONCILIA TEMPOS MAÑÁS

 

O Concello de Valdoviño oferta o programa "Concilia mañás" no

noso CRA, nas escolas de TARAZA e LAGO. Dende o venres 3

ata o venres 17 de xuño, poderase entregar a inscripción

e a documentación necesaria. 

Premendo no seguinte enlace poderase descargar o formulario

de inscripción e entregalo no rexistro municipal ou a través da

sede electrónica.

                                https://cutt.ly/GJlMU0v

 

 

PATIOS ABERTOS CRA DE VALDOVIÑO

BOAS NOVAS! Os patios das escolas do CRA de Valdoviño abren as súas portas aos novos alumnos e alumnas do proximo curso. Todo o alumnado admitido no noso CRA, poderá compartir un ratiño de tempo cos demais compañeiros nos patios das escolas. Aquí tedes as datas e as horas. VEMONOS PRONTO!

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 22/23

Seguindo a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar, se convocan axudas destinados ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros sostidos con fondos públicos.

Se preme no seguinte enlace poderá ver a orde completa:

http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/37019

Os interesados deberán entregar a seguinte documentación no centro escolar ou por vía electrónica antes do 22 de xuño:

- Anexo I e II debidamente cumplimentado

- Fotocopia do libro de familia

- Sentencia xudicial de separación ou divorcio (de ser o caso)

- Xustificación do grao de minusvalia (se ser o caso)

- Marcar a conformidade da comprobación de datos.

Tedes a continuación os anexos I e II, preme en anexos

 

Distribuir contido


by Dr. Radut