Skip to Content

Blogues

24 de outubro Día das Bibliotecas

Clica na imaxe para acceder aos enlaces.

 

Calendario escolar 22-23

Achégase como arquivo adxunto o calendario escolar do noso centro educativo, baseado na Orde de 20 de maio de 2022 que establece o calendario escolar para o curso 22-23 na Comunidade Autónoma de Galicia. Ademais dos días non lectivos establecidos na antedita Orde, o centro educativo estableceu como día non lectivo o 2 de maio de 2023.

Inicio biblioteca CRA de Oroso - Martes de 16:15 a 17:30

Dende outubro a maio desenvolveranse actividades de animación á lectura na bibioteca da sede, en Vilarromarís.

Pode asistir alumnado de calquera escola.

O horario é de 16:15 a 17:30. 

Pódense seguir as actividades e ver máis información nas nosas RRSS:

https://www.instagram.com/craoroso/

https://es-la.facebook.com/craoroso/

https://www.youtube.com/channel/UCWnsHPC34LndMwb7ZbT_XNw

Novidades axudas material escolar

Ven de publicarse na web da Consellería de Educación a concesión de axudas complementarias para material escolar.

Pódese consultar a información neste enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/38114

Nos vindeiros días entregarase ás familias do alumnado beneficiario os cheques correspondentes.

 

Inicio curso 22-23

Dende o CRA de Oroso queremos dar a benvida a todas as familias a este novo curso escolar, agardamos que tiverades unhas boas vacacións!

Como información máis salientable para o inicio do curso, achégase a actualización do Protocolo Covid, publicada esta mesma mañá. Recomendamos a todas as familias que lean o documento adxunto.

Tamén aproveitamos para lembrar que o vindeiro venres 16 de setembro é festivo local (Santa Eufemia) polo que non haberá clase en ningún centro educativo de Oroso. Pódese consultar o calendario escolar para todos os colexios de Galicia no documento adxunto.

 Como datas máis destacadas, inclúense:

- NADAL: dende o día 23 de decembro de 2022 ata o día 6 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.

- ENTROIDO: os días 20, 21 e 22 de febreiro de 2023.

- SEMANA SANTA: dende o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.

 - DÍA DO ENSINO: 31 de outubro de 2022.

Nas vindeiras semanas publicaremos nesta web e nos paneis de cada escola o calendario escolar definitivo, xa que falta por seleccionar un festivo local (ademais do venres 16 de setembro).

Moitas grazas pola vosa colaboración!

 

Atención familias alumnado en agosto

Ao longo do mes de agosto, a atención a familias do alumnado farase a través de correo electrónico. Poden escribir á seguinte dirección:

cra.oroso@edu.xunta.gal

 

Saúdos

Listaxe libros e inicio curso 22-23

Queridas familias:

Publícase como arquivo adxunto a listaxe de libros para o curso 22-23. A comezos de curso, cada titora pedirá diverso material de uso diario: folios, cores, etc...

As clases comezan o día 8 de setembro, no horario normal, de 9:30 a 14:30. Dende o día 1 de setembro xa estaremos traballando nas escolas.

Moitas gracias pola vosa colaboración e axuda ao longo deste curso 21-22.

Boas vacacións!

Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Dende o 19 de maio e ata o 30 de setembro de 2022 está aberto o prazo para solicitar as axudas para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo

Para solicitar estas axudas, as familias interesadas deben de poñerse en contacto co centro educativo (Dirección e Departamento de Orientación) para solicitar asesoramento e a documentación necesaria. 

A tramitación final debe de facela a familia (co asesoramento e axuda do centro educativo) por sede electrónica, na web:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/artisticas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar - Curso 22/23

Nesta semana publicouse a convocatoria para a solicitude de libros e material escolar para o vindeiro curso 22/23.

Nos vindeiros días entregarase en cada unha das escolas os impresos para a solicitude e un resumo da convocatoria para as familias.

Estas axudas son exclusivas para alumnado que curse Educación Primaria no vindeiro curso escolar 22/23.

O prazo para entregar as solicitudes é ata o 22 de xuño. 

Para o alumnado que o vindeiro curso escolar continúa os seus estudos no CEIP Sigüeiro en 3º de Primaria, na reunión do vindeiro mércores 25 de maio entregaráselle a información correspondente (este alumnado non recibe cheque de axuda, se non que participa no Fondo solidario de libros).

Achéganse coma arquivos adxuntos os impresos de solicitude (daranse en papel a vindeira semana nas escolas). Pódense presentar a través da sede electrónica ou en papel en cada unha das escolas.

Ademais destes impresos cubertos e asinados, todas as familias solicitantes deberán de achegar:

  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

E si fose o caso, para acreditar algunha das seguintes circunstancias:

  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE

Pódes consultar a convocatoria e a información máis detallada na web: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37025

 

Actividades maio 2022: Reapertura biblioteca Vilarromarís e xornada convivencia

Queridas familias.

No mes de maio voltaremos a facer actividades de biblioteca os martes pola tarde en Vilarromarís, en horario de 16:30 a 17:30. Esta actividade é voluntaria para o alumnado e poderán asistir os/as nenos/as de todas as escolas. 

Por outro lado, o vindeiro venres 6 de maio (pendente da climatoloxía) faremos unha xornada de convivencia para o alumnado de todas as escolas organizada pola ANPA e o CRA. Esta actividade desenvolverase en horario de mañá e tarde na sede do CRA e no campo da festa de Vilarromarís. Nos vindeiros días mandaremos ás familias a autorización para a súa sinatura. Pola mañá o horario será de 9:30 a 14:30 e o alumnado fará diversas actividades co profesorado do centro e cunha compañía de actividades extraescolares. A partires das 14:30 a ANPA propón unha comida grupal e diversas actividades de lecer (obradoiros, xogos...) pola tarde para completar a xornada de convivencia.

Agradecemos especialmente á ANPA Reviravoltas do CRA de Oroso a súa organización e participación nesta actividade conxunta!! 

Distribuir contido


by Dr. Radut