Skip to Content

Blogues

Información final curso 20-21 e inicio curso 21-22

Estimadas familias, incluímos nesta publicación a información máis relevante para este final de curso e o inicio do vindeiro curso escolar.

 

- A listaxe dos libros de texto do curso 21-22 publicarase nesta páxina web nos vindeiros días (enviaremos unha mensaxe por abalarMóbil cando se publique).

- A entrega dos cheques de libros para o alumnado que o vindeiro curso 21-22 curse Educación Primaria farase nos últimos días de xuño ou primeiros de xullo. Avisarase mediante unha notificación por abalarMóbil dos días e horarios de recollida dispoñibles. Esta recollida farase na sede do CRA, en Vilarromarís.

- Segundo o establecido no calendario escolar para o curso 21-22, as clases comezarán o xoves 9 de setembro no horario habitual (9:30 a 14:30). O alumnado que comece a súa escolarización ten dereito a un periodo de adaptación ata o 21 de setembro (si fose necesario) no que o horario de clase será variable, en función da adaptación á escola. Achégase a esta publicación a Orde de calendario escolar onde figuran outros aspectos de importancia (vacacións, días non lectivos, conmemoracións...).

 

De parte de todo o profesorado e da dirección, queremos darvos as grazas pola vosa colaboración e apoio durante este curso tan complexo e desexarvos unhas moi boas vacacións!!!

 

Vémonos en setembro, unha forte aperta!

 

Publicación de notas finais curso 20-21 e información sobre reclamacións de notas

O vindeiro luns 14 de xuño publicaranse as notas finais do curso 20-21 do alumnado do noso centro.

Xa que no terceiro trimestre do curso 20-21 entrou en vigor a nova normativa sobre o procedemento de información ás familias e de reclamación de notas (http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/33405) e para garantir a información ás familias, podemos destacar os seguintes aspectos:

A intención desta nova normativa é regular dun xeito máis específico o dereito do alumnado da Comunidade Autónoma de Galicia a ser avaliado consonte criterios obxectivos, establecer as condición que garantan a dita obxectividade e o procedemento mediante o cal o alumnado, ou ben as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal se o alumnado é menor de idade, poida solicitar aclaración do profesorado acerca dos procesos de aprendizaxe ou, se é o caso, presentar reclamación en relación coas decisións que se adopten como resultado da avaliación.

A persoa docente titora e o profesorado das distintas áreas, materias e ámbitos manterán unha comunicación fluída, no relativo ao proceso de aprendizaxe, co alumnado, as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal. Ademais, os centros deberán establecer o procedemento mediante o cal o alumnado, as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal poderán solicitar aclaracións ao profesorado e á persoa docente titora acerca das informacións que sobre o seu proceso de aprendizaxe reciban, e facilitarlles información sobre os procedementos de revisión de cualificacións e de decisións sobre a promoción e a titulación.

O alumnado, as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal poderán solicitar, de acordo co procedemento establecido nas normas de organización e funcionamento, ao profesorado e á persoa docente titora cantas aclaracións consideren precisas acerca das valoracións que se realicen sobre o seu proceso de aprendizaxe, así como sobre as cualificacións ou decisións que se adopten como resultado do devandito proceso.

 

Esta información e aclaracións faranse no caso do noso centro educativo nas reunións de titoría coas familias.

 

En todo caso, a reclamación formal abranguerá unicamente as cualificacións finais. No caso de que persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha área, materia ou ámbito, ou coa decisión de promoción ou titulación adoptada para un alumno ou alumna, este ou as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal poderán solicitar por escrito a revisión da devandita cualificación ou decisión, no prazo de dous días lectivos, ou de ser o caso hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicación.

 

No caso de que algunha familia quixera facer unha reclamación formal sobre as notas finais do alumnado, o prazo de reclamación será do 15 ao 17 de xuño, xa que as notas finais poderanse consultar na aplicación abalarMóbil dende o luns 14 de xuño. Tamén se entregarán os boletíns en papel.

 

 

Listaxes definitivas alumnado admitido CRA Oroso curso 21-22

Publicada a listaxe definitiva do alumnado admitido no CRA de Oroso para o curso 21-22. Todo o alumnado que solicitou praza foi admitido/a. 

Por Protección de Datos, estas listaxes so poden ser consultadas polas persoas interesadas no interior de cada unha das escolas unitarias do noso CRA. 

Si algunha familia quixera comprobar a listaxe de alumnado admitido, debe de chamar á escola na que realizou a solicitude de admisión para solicitar cita previa. Os teléfonos das escolas son:

Deixebre - 628 07 16 52

Senra - 676 56 50 69

Trasmonte - 628 07 16 03

Vilacide - 628 07 12 49

O horario para realizar a consulta non pode coincidir co horario lectivo das escolas (9:30 a 14:30).

A formalización da matrícula farase do 20 ao 30 de xuño. Para esta formalización de matrícula avisarase con antelación a cada familia.

Documentación presentación axudas libros e material escolar - Alumnado Primaria 21-22

Publícanse como arquivos adxuntos os documentos relativos á solicitude de axudas para libros e material escolar para o alumnado que o vindeiro curso 21-22 curse Educación Primaria.

 

O prazo de presentación é do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021 (ambos inclusive).

 

No caso do alumnado que vaia a continuar a súa escolarización no CEIP Sigüeiro e figure como admitido nas listaxes publicadas por ese centro, deberá presentar a solicitude no CEIP Sigüeiro.

 

O alumnado que o vindeiro curso continúe a súa escolarización no CRA de Oroso presentará a solicitude na escola onde estea escolarizado.

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. (procedemento ED330B).

  

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Convocatoria axudas libros de texto e material - Alumnado Primaria 21-22

Publicación da convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/22.

Estas axudas son so para alumnado que curse Educación Primaria no curso 21-22.

O prazo de presentación de solicitudes é ata o 22 de xuño.

Nos vindeiros días entregarase nas escolas a documentación para realizar a solicitude así como un resumo da convocatoria.

Pódese acceder á convocatoria no enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002

 

Admisión alumnado curso 21-22

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión no CRA de Oroso para comezar a súa escolarización no curso 21-22 nas escolas de Deixebre, Senra, Trasmonte e Vilacide está admitido

Debido á Lei de Protección de Datos non se pode publicar a listaxe de alumnado admitido, pero as familias que realizaron a solicitude de admisión poderían comprobar a listaxe na escola na que realizaron a solicitude de admisión si así o desexan. 

Si algunha familia quixera comprobar a listaxe de alumnado admitido, debe de chamar á escola na que realizaou a solicitude de admisión para solicitar cita previa. Os teléfonos das escolas son:

  • Deixebre - 628 07 16 52
  • Senra - 676 56 50 69
  • Trasmonte - 628 07 16 03
  • Vilacide - 628 07 12 49

O horario para realizar a consulta non pode coincidir co horario lectivo das escolas (9:30 a 14:30).

Avaliación 2º trimestre curso 20-21

O xoves 25 de marzo publicaranse a través da aplicación abalarMóbil as cualificacións do alumnado do 2º trimestre deste curso escolar. O venres 26 de marzo entregaranse os boletíns de notas impresos en cada unha das escolas. 

Como novidade deste trimestre, a Consellería publicou unha nova Orde para detallar e actualizar o dereito á información por parte das familias sobre a avaliación do alumnado. En caso de querer aclarar calquera aspecto relacionado coas cualificacións do alumnado, a familia do alumno/a pode dirixirse ao mestre/a correspondente.

Pódese consultar a Orde nesta ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33404

Saúdos e boas vacacións!!

Inicio procedemento admisión curso 21-22

Para o alumnado que comeza a súa escolarización no curso 21-22, a vindeira semana comeza o prazo de solicitudes de admisión.

O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 22 de marzo.

Xunto coa solicitude de admisión (achégase como anexo a esta publicación) hai que presentar un documento acreditativo de idade (DNI ou libro de familia). Esta documentación pode presentarse no centro educativo ou a través da sede electrónica. Para máis información pódese consultar a aplicación Admisionalumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Para calquera información relacionada coa admisión ou para a recollida ou entrega de documentación é imprescindible concertar cita previa por teléfono (628 07 14 38) en horario de 9:30 a 14:30 ou por correo electrónico (cra.oroso@edu.xunta.gal). 

Para as familias interesadas, publicamos un video de presentación, e nos vindeiros días seguiremos publicando máis materiais en Youtube e Instagram, esperemos que vos gusten!!!

Youtube:  https://www.youtube.com/channel/UCWnsHPC34LndMwb7ZbT_XNw

Instagram:  https://www.instagram.com/craoroso/?hl=es

 

 

Modificación Calendario Escolar 20-21

Publícase como arquivo adxunto o calendario escolar do curso 20-21 coas modificacións producidas dende o inicio de curso. Inclúense dous festivos que non estaban recollidos no calendario publicado en setembro de 2020:

  • 19 de Marzo: Este festivo foi incluido no calendario laboral do 2021 a finais do ano 2020.
  • 14 de Maio: Este día é o solicitado polos centros escolares do Concello de Oroso como día non lectivo no curso 20-21.

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

O alumnado do CRA de Oroso que cambie de centro educativo no curso 21-22 e vaia continuar a súa escolarización no centro adscrito (CEIP Sigüeiro) ten que realizar a solicitude de reserva de praza. O  prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.

O impreso de solicitude pode recollerse nas escolas do CRA ou descargarse (está publicado como adxunto a esta nova). Haberá que entregalo na escola de referencia do/a alumno/a.

Este procedemento tamén poderá facerse na aplicación Admisionalumnado. 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut