Skip to Content

Blogues

Distribución máscaras para alumnado de Educación Primaria

Esta semana comezou o prazo para que as familias do alumnado matriculado en Educación Primaria soliciten máscaras para os seus fillos/as.

O prazo de presentación de solicitudes é do 16 ao 27 de novembro (ambos inclusive) e a presentación da documentación debe de facerse de xeito presencial.

Os impresos poden recollerse nas diversas escolas ou descargarse (van coma arquivo adxunto a esta publicación co nome de "ANEXO I e II").

O alumnado que foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 (o cheque para a compra de material escolar entregado en xuño) non ten que presentar solicitude, faise de xeito automático.

Para o resto do alumnado, pode presentar a solicitude si cumpre algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 Ao igual que para as axudas de libros e material escolar, considérase a referencia da situación familiar e renda do ano 2018.

Para calquera dúbida, poden escribir ao correo do centro: cra.oroso@edu.xunta.gal ou ben chamar ao teléfono de dirección (628071438) en horario de 09:30 a 14:30.

Achéganse coma arquivos adxuntos a documentación relacionada con este procedemento.

Actualización Protocolo COVID 19 e ventilación nas aulas

O pasado 4 de novembro de 2020 reformouse o Protocolo COVID-19 e publicouse unha guía de recomendacións sobre a ventilación nas aulas.

Achéganse coma arquivos adxuntos a esta publicación ambos documentos e un resumo dos aspectos máis destacados. Para calquera aclaración sobre estes documentos, as familias poden falar coa titora de cada escola ou consultar á dirección no teléfono 628 07 14 38.

Saúdos.

Plan de continxencia CRA Oroso 20-21

Publícase como arquivo adxunto o Plan de Continxencia do CRA de Oroso. Este Plan regula o funcionamento do ensino nos supostos de ter que desenvolver actividades semipresenciales ou non presenciais.

Modelos autorización recollida alumnado, dereitos de imaxe e xustificación faltas

Publícanse como arquivos adxuntos os permisos de recollida de alumnado, dereitos de imaxe e xustificación de faltas de asistencia.

Calendario escolar 20-21

Plan adaptación COVID CRA Oroso 20-21

Para o coñecemento de todas as familias do alumnado, publícase como arquivo adxunto o documento completo do Plan de adaptación do noso centro á situación COVID no curso  20-21.

Tamén vai incluido como arquivo adxunto o resumo deste documento, que detalla as normas máis importantes e a autoenquisa diaria de valoración

É unha obriga legal das familias coñecer estas normas e realizar diariamente a autoenquisa ao alumno/a antes de asistir á escola.

 

Servizos mínimos folga 10 de setembro 2020

O día 10 de setembro de 2020, das 00.00 ás 24.00 horas, está convocado o persoal docente e non docente dos centros educativos públicos e dos sostidos con fondos públicos de ensino non universitario de Galicia que comezan as actividades lectivas nesa data (infantil, primaria e educación especial) a unha folga.

Segundo o establecido na Orde que regula os servizos mínimos para esta folga, "A designación nominal do persoal que deberá cubrir os distintos servizos relacionados no número 1 deste artigo será feita pola dirección do centro respectivo e publicarase no taboleiro de anuncios do centro", polo que como documento adxunto publícanse a designación do persoal que cubrirá estes servizos mínimos.

Todas as escolas do noso CRA abrirán no horario habitual (09:30-14:30). 

 

Declaración responsable curso 20-21

Achégase como documento adxunto o modelo de declaración responsable establecido no Protocolo das Consellerías de Educación e Sanidade para o curso 20-21. Cada familia debe de asinar este modelo para entregar na súa respectiva escola o primeiro día de curso. Nas escolas haberá exemplares en papel, si ben é recomendable levalo impreso e asinado dende o domicilio, sempre que sexa posible.

O Protocolo anteriormente citado establece que : Para a detección precoz no alumnado, estes (ou os seus pais/nais/titores/as legais) realizarán unha auto avaliación dos síntomas de forma diaria a fin de comprobar se estes son compatibles cunha infección por SARS-CoV-2 cuxos resultados non teñen que enviarse ao centro, pero si comunicar a ausencia. Utilizarase a enquisa clínicoepidemiolóxica que se describe no Anexo I que debe realizarse, cada mañá, antes da chegada ao centro. Diante da aparición de polo menos un dos síntomas que aparece na enquisa os proxenitores ou titores non enviarán ao alumno/a á clase e solicitarán consulta co seu médico ou pediatra”.

Moitas gracias.

Normas de inicio de curso 20-21

De cara ao inmimente inicio do curso escolar, publicamos como documento adxunto un documento co resumo das principais normas e medidas que serán de aplicación no noso centro dende o día 10 de setembro.

Este documento de centro está baseado no Protocolo editado polas Consellerías de Educación e Sanidade da Xunta de Galicia (tamén se achega como adxunto).

Estas normas e medidas son susceptibles de cambios, en función das diferentes instrucións das autoridades sanitarias e educativas. De ser o caso, informarase a todas as familias dos cambios que se produzan.

Para unha información máis detallada, cada titora celebrará unha reunión coas familias do seu alumnado mediante videoconferencia.

Moitas gracias.

Becas para estudos Concello de Oroso - Alumnado de Educación Infantil

O concello de Oroso ven de publicar a convocatoria de becas para o estudo dirixidas a alumnado de Educación Infantil e ESO.

Achégase como arquivo adxunto a convocatoria oficial. Para calquera trámite as familias interesadas deben de dirixirse ao Concello de Oroso.

Distribuir contido


by Dr. Radut