Skip to Content

Blogues

Inicio procedemento reserva de praza alumnado que continuará estudos no CEIP Sigüeiro

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. 

O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

Este prazo de reserva é so para alumnado que remata a súa escolarización no CRA de Oroso e quere continuar os seus estudos no CEIP Sigüeiro.

Achégase coma arquivo adxunto a documentación a cumplimentar polas familias. Desta documentación entregarase copia impresa nas distintas escolas unitarias ao longo da vindeira semana.

Tamén se pode facer este procedemento a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, coa referencia do procedemento ED550A.

 

 

 

Proclamación candidaturas elixidas Consello Escolar

Despois da designación pola ANPA Reviravoltas da súa candidata para o Consello Escolar e da votación do Claustro do profesorado, a Xunta Electoral proclama as seguintes candidaturas elixidas como representantes no Consello Escolar do CRA de Oroso:

  • Representante de familias (designación pola ANPA Reviravoltas): Dona María Iglesias Vázquez.
  • Representante de profesorado: Dona María Jesús Amado Pico.

Contra as decisións da citada xunta poderase presentar por un prazo de quince días reclamación perante o Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A resolución desta poñerá fin á vía administrativa.

 

Proclamación candidaturas Consello Escolar

A Xunta Electoral, unha vez recibidas e analizadas as candidaturas presentadas, resolve proclamar as seguintes candidaturas:

  • Representante de familias: Dona María Iglesias Vázquez (candidata designada pola ANPA Reviravoltas).
  • Representantes de profesorado: Dona María Jesús Amado Pico e Dona María de la O Giadáns Aldrey.

Contra este acordo de proclamación poderase reclamar no prazo dos dous días seguintes. A xunta electoral resolverá no seguinte día hábil e contra a súa decisión poderá interpoñerse recurso, que non terá efectos suspensivos, perante o delegado provincial da Consellería de Educación e O. Universitaria.

Distribución máscaras alumnado Educación Primaria

Publicada a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 218, do 12.11.2021.

O alumnado destinatario desta axuda é o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 O prazo de solicitude é do do 15 ao 26 de novembro de 2021.

Pódese facer a solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (procemdento ED330E) ou cubrindo os anexos I e II da convocatoria (facilitaranse ás familias interesadas nas distintas escolas e publícanse como ficheiros adxuntos).

 

Constitución Xunta Electoral e calendario eleccións Consello Escolar

Achégase coma documento adxunto a Circular informativa para as familias do alumnado do CRA de Oroso sobre a renovación do Consello Escolar. 

Unha vez constituída a Xunta Electoral queda aprobado o calendario deste procedemento electoral. 

 

Iniciativa Amazon - Un clic para el cole

 

 

Ao igual ca no curso anterior, este curso 21-22 o CRA de Oroso participa na iniciativa Un clic para el cole. Nesta campaña, as familias do alumnado poden participar asignando un pequeno porcentaxe das súas compras en Amazon ao noso centro educativo.

Para facilitar a localización do centro nas compras, o código do centro é 15032509 e o nome é CRA de Oroso (Colexio Rural Agrupado de Oroso).

Nos arquivos adxuntos incluése información máis detallada desta campaña.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

 

Renovación Consello Escolar CRA de Oroso - Eleccións novembro 2021

A RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, regula o proceso de renovación dos Consellos Escolares no curso 21-22.

Neste curso escolar, o Consello Escolar do CRA de Oroso renovará a dous dos seus membros: un/unha representante das familias do alumnado e un/unha representante do profesorado.

Para realizar esta renovación están convocadas votacións entre os días 22 e 26 de novembro de 2021.

O primeiro paso para a celebración destas eleccións é a constitución da Xunta Electoral, que estará "integrada polo director ou directora do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal, un representante do persoal de administración e servicios, e, de se-lo caso, un alumno ou alumna de educación secundaria; designados os catro últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes".

O sorteo dos membros da Xunta Electoral celebrarase mañá mércores 27 de outubro ás 10:00 horas na escola de Trasmonte. Participarán no sorteo todos os pais e nais do alumnado do CRA de Oroso no curso 21-22. Ao longo da mañá, enviaranse as citacións ás persoas seleccionadas (tanto titulares coma suplentes).

A Xunta Electoral constituirase en reunión o martes 2 de novembro ás 16:30 da tarde na sede do CRA de Oroso, en Vilarromarís.

Normas curso 21-22

Ca finalidade de dar a máxima información a toda a comunidade educativa, publícanse como arquivos adxuntos os seguintes documentos:

  • Normas do curso 21-22.
  • Anexo I - Enquisa autoavaliación (obrigatoria a realización diaria no domicilio antes de asistir á escola).
  • Declaración responsable (obrigatoria a entrega do documento asinado no inicio de curso).
  • Protocolo COVID 19 Consellería de Educación 21-22.

Dende o CRA de Oroso, desexamos un bo curso 21-22 a todas as nosas familias, vémonos pronto!!

Libros Infantil e Primaria curso 21-22

Achéganse como arquivos adxuntos as listaxes de libros solicitados para Educación Infantil e Educación Primaria no curso 21-22.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut