Skip to Content

Blogues

Enquisas convivencia 2023

A vindeira semana entregarase a cada familia dúas enquisas sobre a convivencia escolar. 

  • Unha enquisa é da Consellería de Educación para todo o sistema educativo galego. Faise nun formulario online ao que se accede co código individual que se entregará a cada familia. Achéganse como adxuntos unha guía para responder e unha listaxe de preguntas frecuentes. Pódese ver a información neste enlace https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39783 

 

  • A outra enquisa é do noso centro educativo e faise para actualizar o Plan de Convivencia. Farase nun formulario en papel e entregarase na escola en sobre pechado (luns 8 de maio a venres 12 de maio).

 

Como calquera enquisa, a participación é voluntaria.

 

Grazas pola vosa colaboración.

Listaxe provisional alumnado admitido - Matrícula 23-24

Todo o alumnado que fixo solicitude de admisión para o curso 23-24 no CRA de Oroso resultou admitido.

Debido á normativa de protección de datos a listaxe provisional de alumnado admitido non pode expoñerse ao público, polo que as familias interesadas poderán consultar a listaxe provisional de admitidos no interior da escola onde se fixo a solicitude de matrícula.

As listaxes definitivas publicaranse o 16 de maio.

Prevención de riscos no uso das novas tecnoloxías por parte dos menores

 

 

O vindeiro martes 28 de marzo impartirase unha charla dirixida ás familias do alumnado sobre a prevención de riscos no uso das novas tecnoloxías. Esta charla está organizada polo Centro Autonómico de Formación do Profesorado.

Ademais das nais e dos pais, poderá asistir calquera familiar do/a alumno/a (avós-avoas, tíos-tías, etc...). 

A charla desenvolverase no local social de Vilarromarís (xunto á nosa biblioteca) en horario de 16:30 a 18:30. Para as familias que leven aos seus fillos/as á biblioteca esa tarde e queiran asistir á charla, ampliarase o horario de biblioteca.

Esperamos a vosa asistencia!

Protocolo protección datos persoais

Achégase como arquivo adxunto o novo Protocolo de Protección de Datos Persoais publicado pola Consellería de Educación, xa que é aplicable a todas as persoas que compoñen a comunidade educativa, sendo aconsellable a súa difusión para favorecer o seu coñecemento.

Entre outros aspectos, no apartado 21. Recomendacións específicas relativas ao uso de correo electrónico e equipos informáticos, establécese o seguinte: "Non se deberá facer uso de aplicacións de mensaxería instantánea non corporativas (como WhatsApp) entre profesorado e familias ou entre profesorado e alumnado".

Dada a prohibición de uso deste servizo, para poder manter a comunicación necesaria entre profesorado e familias, as vías de comunicación serán:

  • Chamada telefónica ou sms ao teléfono de cada escola e/ou de dirección.
  • A través de correo electrónico do profesorado (o profesorado facilitará o seu correo corporativo ás familias que así o desexen) ou do centro educativo : cra.oroso@edu.xunta.gal

Moitas gracias pola vosa colaboración.

INICIO MATRÍCULA 23/24 - XORNADA PORTAS ABERTAS MARTES 28 FEBREIRO

No mes de marzo comeza o período de matrícula do curso 23-24 para o alumnado que comece a súa escolarización (4º Educación Infantil - 3 anos) ou para alumnado que queira cambiar de centro educativo (alumnado de calquera curso). O prazo de inscrición será do 1 ao 20 de marzo.

Para que as familias interesadas poidan coñecer con detalle as nosas escolas e ao profesorado, haberá unha xornada de portas abertas o martes 28 de febreiro en horario de 16:30 a 18:00. Esta xornada farase de xeito simultáneo nas catro escolas do noso CRA: Deixebre, Senra, Trasmonte e Vilacide, así que, animamos a todas as familias a que nos visiten esa tarde! Na barra lateral esquerda desta web (apartado Aulas do CRA) está a ubicación e datos de contacto de cada escola.

Se algunha familia estivera interesada en visitar as escolas e non puidera asistir ese día pode chamar ao teléfono 628 07 14 38 (horario de 9:30 a 14:30 de luns a venres) ou escribir ao correo cra.oroso@edu.xunta.gal para concertar unha cita e facer a visita outro día.

A modo de presentación pódese ver o seguinte vídeo no que, de xeito moi resumido, presentamos as principais características da nosa proposta educativa, esperamos que vos guste!!

 

 Tamén podedes ver as nosas RRSS, onde hai moita máis información:

https://www.instagram.com/craoroso/?hl=es

https://www.facebook.com/craoroso/?locale=es_LA

https://www.tiktok.com/@craoroso

Reserva de praza CEIPP Sigüeiro curso 23-24

O alumnado de 2º de Primaria que queira continuar os seus estudos no CEIPP Sigüeiro ten que facer reserva de praza entre o luns 16 de xaneiro e o luns 6 de febreiro. 

Toda a información sobre o procedemento está na web: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

A documentación pode presentarse por sede electrónica ou en papel no CRA de Oroso (non se leva a documentación ao CEIPP Sigüeiro).

Achégase como adxunto o impreso de solicitude (tamén estará dispoñible nas escolas unitarias) que deben de asinar ambos proxenitores, independentemente da súa situación familiar (a única excepción é a situación de violencia de xénero). Xunto con este impreso de solicitude débese achegar copia do libro de familia. O impreso xa leva marcados os códigos de centro e os cursos do alumnado para facilitar o procedemento. As familias do alumnado so teñen que cubrir os datos persoais dos proxenitores e alumno/a, seleccionar transporte e comedor (si é o caso) e asinar.

O impreso de solicitude e a copia do libro de familia entregaranse na escola de referencia do alumno/a ou ben na sede do CRA en horario de dirección (xoves 9:30 a 11:30 e venres de 9:30 a 13:30) con cita previa. 

Para consultar calquera dúbida sobre este proceso ou para concertar cita previa na sede pódese facer polas seguintes vías:

  • Telefónica: En horario de dirección (xoves 9:30 a 11:30 e venres de 9:30 a 13:30) no teléfono 628 07 14 38.
  • Correo electrónico: Na dirección cra.oroso@edu.xunta.gal

 

 

Campaña recollida produtos limpeza e hixiene - Concello de Oroso

Ao longo desta semana o noso centro participa na campaña de recollida de produtos de limpeza e hixiene organizada pola Concellaría de Mulleres, Ensino, Benestar Social e Normalización Lingüística do Concello de Oroso.

As familias que queiran participar poden deixar os produtos na súa escola o martes e mércores. 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Eleccións Consello Escolar - Votación martes 29 novembro 16:30 Vilarromarís

Por acordo da Xunta electoral proclámanse as candidaturas a representantes no Consello Escolar do CRA de Oroso. 

 

  • Representantes de familias (votación familias alumnado): 

Dona Begoña Rodríguez de la Fuente

Dona Laura Iglesias Parafita

Dona Raquel Carballido Calvo

 

  • Representantes de profesorado (votación profesorado):

Dona María de la O Giadáns Aldrey

Dona Raquel Garazo Ramos

Dona Antía Cores Torres

 

A votación será o martes 29 de novembro, de 16:30 a 17:30 na planta superior da sede do CRA de Oroso, en Vilarromarís. 

 

Achégase modelo de papeleta electoral para a votación das familias, por si algunha familia quere traer o seu voto preparado. Tamén haberá papeletas na sede do CRA o día das votacións.

Eleccións Consello Escolar CRA de Oroso 22-23

Este curso 22-23 renovarase o Consello Escolar do CRA de Oroso segundo o

disposto na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Consellería de Educación.

 

O Consello Escolar do noso centro está composto pordous representantes das familias, dous representantes do profesorado, un representante do Concello de Oroso e o director do centro. 

Este curso corresponde renovar a un representante das familias e un representante do profesorado.  Como representante das familias, pódese presentar candidato/a calquera pai, nai e titor legal de alumnos/as matriculados este ano en calquera das escolas.

O comezo do proceso electoral tivo lugar o 2 de novembro de 2022, co sorteo da Xunta Electoral que regulará o proceso de eleccións. Para este sorteo, incluíronse os datos de tódolos pais, nais e titores legais de alumnos/as matriculados este ano nas escolas. O proceso electoral desenvolverase durante o mes de novembro. A votación para a elección dos representantes das familias e profesorado será o martes 29 de novembro dende as 16:30 horas ata as 17:30 , na sede do CRA de Oroso, en Vilarromarís.

As familias do alumnado poden consultar os censos electorais no interior das escolas, previa solicitude ás mestras.

No documento adxunto pódese consultar o calendario detallado deste proceso electoral.

Magosto

Distribuir contido


by Dr. Radut