Skip to Content

Menú de Xaneiro

Xa está listo o menú de Xaneiro do comedor escolar.

Preme na imaxe para descargalo.

Visita a San Xerome Emiliani

O pasado 11 de decembro de 2023, o alumnado de Primaria de Novás e Fornelos, visitamos o centro San Xerome Emiliani, a asociación que traballa con persoas con diversidade intelectual.

Antes de entrar no San Xerome fomos ao super a mercar a merenda (unha froita e unhas galletas) que escolleron e pagaron os nenos e nenas. Logo fomos ao centro onde fixemos diversos xogos, tocamos instrumentos na aula de música, fixemos unhas chapas moi chulas, fomos á aula multisensorial...

Foi unha xornada moi especial porque fixemos moitas actividades divertidas e o pasamos moi ben.

Menú de Decembro

Xa está listo o menú de Decembro

Podes descargalo premendo na imaxe

Celebración do samaín!

Coma sempre o Samaín é unha celebración de moitas pócemas, morcegos, cabazas, vampiros e sobre todo.... moita diversión!

Aquí tedes un resumo da celebración nas distintas escolas do CRA.

Unha aperta terrorífica para todos!!!!.

Excursión de Primaria a Marín, Barro e Valga

O pasado 23 de novembro puidemos, por fin, facer a saída pendente para visitar moitos sitios bonitos da provincia de Pontevedra.

Grazas á ANPA, que organizou, xunto co Deputación de Pontevedra (En ruta coa Depo), esta saída para todo o alumnado de primaria.

Foi unha excursión marabillosa. Comezou ás 9.15 da cando saímos en autobús e rematou ás 18h ao regresar a escola de Pías.

Visitamos o parque dos sentidos de Marín (A Granxa de Briz), a fervenza do río Barosa en Barro e o parque da área recreativa de Valga.

Outra cousa que nos gustou moito é que comemos nun restaurante todos/as xuntos/as e... Está todo moi bo!

   
 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut