Skip to Content

Excursión de Primaria a Marín, Barro e Valga

O pasado 23 de novembro puidemos, por fin, facer a saída pendente para visitar moitos sitios bonitos da provincia de Pontevedra.

Grazas á ANPA, que organizou, xunto co Deputación de Pontevedra (En ruta coa Depo), esta saída para todo o alumnado de primaria.

Foi unha excursión marabillosa. Comezou ás 9.15 da cando saímos en autobús e rematou ás 18h ao regresar a escola de Pías.

Visitamos o parque dos sentidos de Marín (A Granxa de Briz), a fervenza do río Barosa en Barro e o parque da área recreativa de Valga.

Outra cousa que nos gustou moito é que comemos nun restaurante todos/as xuntos/as e... Está todo moi bo!

   
 

 

 



page | by Dr. Radut