Skip to Content

Festa de Fin de curso en Marzán

O vindeiro 20 de Xuño celebramos a nosa Festa de Fin de Curso en Marzán.

Na seguinte imaxe tedes a organización da festa.

Se non a ves correctamente, preme na imaxe para descargala

Menú de Xuño do comedor

 

Xa está listo o menú do mes de Xuño.

Preme na imaxe para descargalo

Contaconto sobre a igualdade e a artesanía

O luns 27 de maio na biblioteca de Marzán estarei de 16:00 a 17:00h para dar a coñecer un conto sobre a igualdade e as artesanías Maua.

ABERTO O PRAZO DE BOLSAS PARA ALUMNADO CON NEAE PARA O CURSO 2024/2025

BECAS NEAE CURSO 2024/2025

ABERTO O PRAZO DE BOLSAS PARA ALUMNADO CON NEAE PARA O CURSO 2024/2025

O alumnado que acredite necesidade específica de apoio ou necesidade educativa especial derivada de algunha das seguintes situacións:

 

  •          

    Discapacidade igual ou maior de 25%.

  •          

    Trastorno grave de Conducta.

  •          

    Trastorno grave da comunicación ou da linguaxe.

  •          

    Trastorno do Espectro Autista (TEA).

  •          

    Altas capacidades.

  •          

    Alumnado con TDAH con necesidades derivadas de discapacidade, trastorno grave de conducta ou trastorno grave da comunicación ou da linguaxe.

As axudas poderán ser solicitadas polo alumnado cuxa renda ou patrimonio familiar a 31 de decembro de 2023 non superasen, de conformidade co disposto no Real Decreto 201/2024, do 27 de febreiro, os limiares seguintes:

  • Familias dun membro: 12.534 euros
  • Familias de dous membros: 20.416 euros
  • Familias de tres membros: 26.811 euros
  • Familias de catro membros: 31.801  euros
  • Familias de cinco membros: 36.089 euros
  • Familias de seis membros: 40.229 euros
  • Familias de sete membros: 44.143  euros
  • Familias de oito membros: 48.031  euros
  • A partir do octavo membro engadiríanse 3.856 euros por cada novo membro computable da familia.

As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html

O prazo de presentación de solicitudes é dende o día 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024, ambos inclusive e deberá presentarse no centro onde cursará estudos no curso académico 2024/2025.

Esta solicitude irá acompañada de:

  • Código Conta Cliente (CCC), onde o titular da conta sexa o alumno/a
  • Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar
  • Fotocopia do certificado de discapacidade
  • Fotocopia do certificado de Altas Capacidades ou fotocopia do diagnóstico médico do Trastorno Grave de Conduta ou do Trastorno Grave da Comunicación e da Linguaxe, TDAH (asociado as casuísticas anteriores) ou TEA.
  • Memoria do gabinete reeducador que preste o servizo durante o curso 2024/2025.

Outros documentos que se consideren (Título de familia numerosa...).

Visita a Corazón de Carballo

Visitamos a granxa escola Corazón de Carballo en Tomiño, nun lugar incomparable rodeados de natureza.

Tivemos a oportunidade de facer novos amigos de dúas e catro patas, algúns con plumas, outros con lá e, mención especial a Tuco e as cabras, outros con pelo. Tamén sementamos, peneiramos e limpamos as malas herbas. Foi un día moi divertido!..

Velaquí unas pequenas fotos da nosa visita.

 

Menú de Maio

Xa está listo o menú deste mes no comedor. Preme na imaxe para descargalo.

Plantamos un bosque na Escola de Fornelos

27 de febreiro de 2024

 

Na Escola de Fornelos quixemos plantar un bosque para ter un patio diferente, máis acolledor, con árbores que nos protexan, que drenen a lagoa que se forma cando chove moito e que se poda convertir nun ecosistema cheo de vida.

Queremos agradecer á estación Fitosanitaria Areeiro que nos donara as 19 árbores a través da Deputación de Pontevedra, ao Concello que nos fixera os buratos no patio e que nos trouxera terra negra para poder plantar e sobre todo, ás familias que viñeron plantar as árbores cos nenos e nenas nunha tarde soleada e bonita.

Moitas grazas!

Aquí vos deixamos o vídeo resumo da actividade e máis abaixo, algunhas imaxes da árbore que plantamos ao día seguinte cos nenos e nenas que non puideron vir coas súas familias o martes 27.

   
   
Distribuir contido


by Dr. Radut