Skip to Content

Marzán

Revista "O Bufo Fich nº10" - Xuño 2019

29/06/2019 11:24

Agora que xa rematamos este curso un ano máis aquí temos a nosa revista do Bufo Fich, a décima edición xa. Nela amosamos todo o que fixemos ao longo destes meses de curso. Participamos en moitas actividades e traballamos un montón! Velaquí poderedes ver algúns deses momentos!


Moi bo verán a todas e todos!!!

 

Festa fin de curso - Xuño 2019

20/06/2019 09:00
20/06/2019 14:00

Xa está... O curso 2017-18 toca ao seu fin!

E para despedirnos quedamos pola mañá todo o CRA na escola de Marzán para desfrutar dunha festa con xogos, música, merenda aportada polas familias e moitas cousas máis.

 

Pousavasos da nosa contorna - Xuño 2019

18/06/2019 09:00
18/06/2019 14:00

O alumnado do CRA, en colaboración co equipo de dinamización da lingua galega, elaborou uns pousavasos para dar a coñecer os diferentes elementos da contorna. Estes pousavasos estarán presentes en diferentes establecementos do Rosal.

Saída a Baiona a visitar a Carabela Pinta - Maio 2019

29/05/2019 09:00
29/05/2019 14:00

Os alumnos e alumnas do CRA fomos de excursión a Baiona. Alí visitamos o museo do Mar, a Carabela Pinta e tamén xogamos nun parque infantil. Para elo, dividímonos en 4 grupos, mentres un iba a carabela, outro iba o museo do mar e os outros dous quedaban no parque xogando.

Ademáis, o alumnado de primaria, no tempo de estar no parque, foron dar un paseo polas murallas do paseo de Baiona.

Saída a Baiona - Maio 2019

29/05/2019 09:00
29/05/2019 14:00

O vindeiro Mércores 29 de Maio os nenos e nenas do CRA iremos de excursión a Baiona. Alí visitaremos o Museo do Mar, unha carabela e faremos actividades ó aire libre.

Coñecemos o colexio da Mata - Maio 2019

23/05/2019 09:00
23/05/2019 14:00

Os alumnos e alumnas do CRA que o vindeiro curso irán ó colexio da Mata tiveron a oportunidade de visitalo e coñecer as diferentes aulas, mestres e mestras e formas de traballar. Ademáis tamén poideron compartir xogos e actividades cos que van ser os seus futuros compañeiros.

Álbum de cromos "Naturosal" - Maio 2019

22/05/2019 09:00
22/05/2019 14:00

Dende o equipo de biblioteca do CRA elaborouse un álbume sobre os diferentes elementos da contorna. Cada alumno e alumna terá o seu álbum onde poderán os cromos que os titores e titoras lles vaian dando, á vez que falan de cada un dos elementos.

Día das Letras Galegas - Maio 2019

17/05/2019 09:00
17/05/2019 14:00

Nas diferentes aulas do CRA conmemoramos o Día das Letras Galegas que este ano estaba adicado a Antón Fraguas. Para elo, levamos a cabo diferentes actividades como o repaso da vida e obra, actividades co escornabot e xogos nas PDIs. 

Día do Libro en Pías - Maio 2019

03/05/2019 09:00
03/05/2019 14:00

O pasado 3 de Maio todo o alumnado do CRA desprazouse a Pías para celebrar o Día do Libro. Para elo organizamos diferentes recunchos por todo o colexio:

- Recuncho de Braille. O alumnado elaborou o seu nome en Braille con diferentes materiais tactiles.

- Recuncho de reciclaxe: O alumnado experimentou as técnicas básicas do reciclado de papel. Ademais tamén decoraron a súa propia mochila de tea para concienciar sobre a importancia da eliminación doutros materiais contaminantes.

- Recuncho ExpresArte. O alumnado creaba unha lámina usando moitas cores, despois cubríaa de negro e por último rasgaba para facer un debuxo multicor.

- Recuncho STEAM. O alumnado tivo que darlle á cabeciña para buscar solucións a diferentes retos que se lle propoñían.

- Recuncho de xogos manipulativos. O alumnado experimentou con diferentes xogos de procesos cognitivos, lóxica, linguaxe...

- Recuncho de igualdade e robótica. A través da curtametraxe sobre igualdade "Purl", o alumnado traballou o contido da mesma a través de diferentes taboleiros para os Escornabots e Ozobot.

Teatro "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" - Abril 2019

30/04/2019 09:00
30/04/2019 14:00

Hoxe o alumnado do noso CRA desprazouse ó auditorio de Tomiño para desfrutar dunha sesión de teatro do conto de "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", representada pola compañia de teatro "A xanela do Maxín".

Distribuir contido


by Dr. Radut