Skip to Content

Día do Libro en Pías - Maio 2019

03/05/2019 09:00
03/05/2019 14:00

O pasado 3 de Maio todo o alumnado do CRA desprazouse a Pías para celebrar o Día do Libro. Para elo organizamos diferentes recunchos por todo o colexio:

- Recuncho de Braille. O alumnado elaborou o seu nome en Braille con diferentes materiais tactiles.

- Recuncho de reciclaxe: O alumnado experimentou as técnicas básicas do reciclado de papel. Ademais tamén decoraron a súa propia mochila de tea para concienciar sobre a importancia da eliminación doutros materiais contaminantes.

- Recuncho ExpresArte. O alumnado creaba unha lámina usando moitas cores, despois cubríaa de negro e por último rasgaba para facer un debuxo multicor.

- Recuncho STEAM. O alumnado tivo que darlle á cabeciña para buscar solucións a diferentes retos que se lle propoñían.

- Recuncho de xogos manipulativos. O alumnado experimentou con diferentes xogos de procesos cognitivos, lóxica, linguaxe...

- Recuncho de igualdade e robótica. A través da curtametraxe sobre igualdade "Purl", o alumnado traballou o contido da mesma a través de diferentes taboleiros para os Escornabots e Ozobot.

O rematar os nenos e nenas merendaron e levamos a cabo un mercado de intercambio de contos entre os alumnos e entre profesorado e familias.



actividade | by Dr. Radut