CRA de Culleredo

Blogues

COMEZAMOS O PROXECTO "ENCANTADOS COS CASTELOS"

Un día chegou a nosa escola a princesa CRABELA. Choraba porque un dragón tiña o principe Arturo capturado. Pediunos axuda e deixounos encargados de investigar sobre ...

XOGOS MEDIEVAIS, TORNEOS, FEIRAS MEDIEVAIS, BANQUETES, CACERÍAS.

E comezamos a traballar...

A min non me comas!

Recibimos unha inesperada visita na escola....viñeron dous monstros! Ao principio asustáronnos un pouco porque eran bastante feos, pero despois démonos conta de que eran bos porque o único que querían era contarnos un conto moi chulo que levaba por título "A min non me comas". A historia falaba de Mateo, un neno moi valente que asustou a un monstro.

 

 

 

Decoramos as cabazas!

Para celebrar o Samaín baleiramos cabazas e decorámolas con caras monstruosas. Quedáronnos terroríficas e o día da festa do Samaín acendémolas para ver como alumeaban.

 

UN BECHO ESTRAÑO

Vero contounos un conto moi divertidoooo.

FACENDO MOSTO NA ESCOLA

Un día a profe Conchi trouxo uvas e fixemos mosto na escola.

BENVIDA A UN NOVO CURSO CON COMPIS NOVOS

Temos compis novos na nosa clase. Xogamos xuntos e o pasamos moi ben...

A princesa Crabela

Recibimos na escola unha visita inesperada. Veu a princesa Crabela do reino de Crunia. Contounos que estaba moi triste porque un malvado dragón ten secuestrado ao seu amado príncipe Arturo. E para poder rescatalo precisa da nosa axuda xa que debe de pasar unha serie de probas. A primeira delas é averiguar como é o escudo do príncipe Arturo. Por iso temos que poñernos a investigar.

 

ZUME DE UVA

     COA  CHEGADA  DO  OUTONO, TAMÉN  CHEGOU  A  VENDIMA. E  QUE   MELLOR MOMENTO PARA FALAR  DA  UVA:  AS  SÚAS PROPIEDADES, A  COR, TEXTURA, TAMAÑO, AS PARTES DA VIDE, A  ELABORACIÓN  DO  VIÑO,...  E  XA QUE  TÍÑAMOS MOITOS ACIOS  APROVEITAMOS  PARA  FACER  O  NOSO    PARTICULAR "ZUME  DE UVA".

ESTABA  DOCE  E  ALGÚNS  QUEDARON  CON  GANAS  DE REPETIR !
 

 

 

 

PEQUENO AZUL PEQUENO AMARELO

 
A  PARTIR  DO  CONTO  PEQUENO  AZUL  PEQUENO  AMARELO  REALIZAMOS ACTIVIDADES  RELACIONADAS  CA  TEMÁTICA  TRATADA NO MESMO, AS CORES, O CÍRCULO,A  FAMILIA, ...
DIVERTÍMONOS  MOITO !
 

 

 

OS PRIMEIROS DÍAS NA ESCOLA

XOGAMOS  DENTRO  E  FÓRA  DA  AULA,  ESCOITAMOS  CONTOS ...... FIXEMOS MOITAS  ACTIVIDADES.
BENVID@S  A  TOD@S !!
 
 
 
 
 
 
 
 
Distribuir contido